Skip to Content

PVAD: PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

MILLA DIARIA

17/01/2024 13:27
Atlantic/Bermuda

Dentro dos proxectos de vida activa e deportiva da Consellería de educación da Xunta de Galicia, o noso centro solicitou o Plan da Milla Diaria, un plan que busca axudar aos centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro/vida activa e saudable abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

Comezamos “A milla diaria" (suma semanal) no mes de Xaneiro, tódolos luns, mércores e venres e participa todo o alumnado e profesorado por segundo ano consecutivo.

Traballamos de forma transversal e interdisciplinar os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas , sedentarismo asociado a pantallas...).

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

XOGADE: XOGANDO CO ATLETISMO

30/11/2023 13:26
Atlantic/Bermuda

O día 30 de novembro, celebrouse na modalidade XOGANDO CO ATLETISMO, na categoría alevín nas instalacións de EXPOURENSE, no que tomaron parte todos os centros de ensino da cidade.

Esta modalidade incluída dentro do programa XOGADE, achega aos nen@s a práctica do atletismo dun xeito lúdico, aglutinando en distintas probas a motricidade na que se atopan todas as disciplinas deportivas (correr, saltar e lanzar):

  1. Carreira 10 x 10 metros.
  2. Lanzamento de xavelina branda.
  3. Triplo salto saíndo dende parado.
  4. Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza dende sentado.
  5. Salto lateral de obstáculo baixo.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

COÑECE O MEU CLUBE: ARTES MARCIAIS

22/11/2023 13:19
Atlantic/Bermuda

22 de novembro, dentro das actividade de XOGADE recibimos a visita da Escola de Artes Marciales Sam Mu Dojang de Ourense, Saúl tivo un acercamento cos nen@s do centro ás Artes Marciais, onde a través de xogos e movementos técnicos para a defensa persoal desfrutaron dunha sesión moi entretida.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

XOGOS POPULARES: DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL

16/11/2023 13:15
Atlantic/Bermuda

O día 16 de novembro celebrouse o Día Internacional del Patrimonio Cultural Inmaterial, desde a Concellería de Educación celebrouse unha actividade dirixida a máis de 200 escolares de Primaria que coñeceron unha amplía mostra de Xogos Populares.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

COÑECE O MEU CLUBE: Campus Universitario Ourense Rugby Club

12/11/2023 13:13
Atlantic/Bermuda

Na segunda semana do mes de novembro o alumnado tivo unha toma de contacto co Rugby, o clube Campus Universitario Ourense Rugby Club, a través da actividade COÑECE O MEU CLUBE, Iago, seu coordinador; deu a coñecer o deporte en dúas sesións para os cursos de 2º e 3º ciclo de EP. 

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

CROSS ESCOLAR: MONTERREI

14/11/2023 13:10
Atlantic/Bermuda

O pasado 14 de novembro desfrutamos dunha mañá de CROSS nas instalacións de Monterrei, no veciño concello de Pereiro de Aguiar. Aínda que o tempo non acompañou, e con moitos nervios durante a viaxe e nos momentos previos, todos os participantes nas distintas carreiras deron a súa mellor cara; pero sobretodo compartiron horas de convivencia cos outros centros da cidade. Unha grata experiencia para eles, xa que era a primeira vez que iban. 

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

COÑECE O MEU CLUBE: XIMNASIA MARUSIA

09/10/2023
Atlantic/Bermuda

Atendendo  o programa XOGADE, e a actividade coñece o meu clube, o pasado 9 de Outubro, visitounos o Clube Marusia de Ximnasia Rítmica, os nen@s puideron experimentar nunha sesión práctica as distintas disciplinas do deporte a través de xogos.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO CENTRO

Definición:

O programa consiste en deseñarexecutar avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.

Os centros participantes promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que OBRIGATORIAMENTE terán que:

  •  Identificar todas as actuacións que se leven a cabo no centro educativo, xa sexa dentro como fóra do centro e dentro ou fóra do horario lectivo que fomenten a actividade física e os hábitos de vida saudable.
  • Dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable, rendibilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
  •  Recoller a analizar os datos de consumos de actividade física, tanto ao inicio do proxecto como ao finalizar o mesmo, para evidenciar os posibles cambios conseguidos.

 

“ SANOS SANOTES”

 

A nosa realidade contextual, conleva que os alumnos teñan escasas posibilidades de certas prácticas deportivas fora do centro, xa que, as seas realidades son diversas e con escaso bagaje con respecto a cultura do deporte.

 

O obxectivo principal do PVAD consiste en primeiro lugar en formar grupo, no que a pesar das súas características individuais, saiban cooperar e traballar en equipo, despois débese espertar o interese pola práctica do exercicio físico, e en terceiro lugar, conseguir que sexan conscientes dos recursos que posúen no entro e na contorna para a práctica de actividade física e deportiva.

 

Pensamos nunha liña de traballo baixo un PVAD no que teremos en conta os seguintes principios:

 

- Desenvolver os nosos contidos en base ao xogo limpo, a deportividade e o traballo en equipo.

- Establecer unha conexión entre os contidos desenvolvidos na aula e as actividades complementarias e extracurriculares.

- Adquirir hábitos saudables.

- Desenvolver unha conciencia ambiental e sostible.

- Aumentar as horas de práctica física do alumnado para alcanzar as recomendacións da OMS.

Distribuir contido


by Dr. Radut