AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
No Ceip Mariñamansa somos uns afortunados xa que dispoñemos dunhas instalacións amplias e coidadas para a práctica de actividades físicas.
Temos unha pista polideportiva cuberta de 40x20m onde facemos recreos, actividades complementarias e sesións de Educación Física.
Tamén temos un fantástico ximnasio de 15x10m onde realizamos diversas actividades nas sesións de Educación Física e nas sesións de Psicomotricidade.
Neste ximnasio mantemos todas as distancias de seguridade que na actualidade temos que ter, marcadas no chan e explicadas no taboleiro xunto coas normas de educación física.
XOGANDO CON GLOBOS
Fixemos varias sesións moi divertidas cun material moi orixinal e divertido como son os globos, de uso individual,que se poden reutilizar e de fácil utilización para todos os niveis.
CIRCUITOS VARIADOS
Diferentes circuitos de habilidade nos que desenvolven as habilidades motrices básicas, equilibrio, coordinación e as capacidades físicas básicas.
XOGAMOS CO ROBOT MOVI
Fixemos varias sesións do que poderíamos chamar "psicorobótica" nas que utilizamos o robot chamado Movi que nos dará unha serie de ordes cas cales os nen@s farán diferentes xogos e exercicios co seu corpo e as súas diferentes partes.
KILÓMETROS DE SOLIDARIDAD
Organizamos unha "carreira solidaria con Save the Children" na que nos proporcionaron mascarillas, dorsais e diplomas para facela con diferentes recorridos e distancias nas instalacións do cole ca que recaudamos unha cantidade de cartos considerable para @s nen@s do Congo.
ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA
Actividades de Ioga para desenvolver a relaxación, respiración, control postural.
Ocas de Educación Física para desenvolver as habilidades e destrezas motrices e as capacidades físicas.
HÁBITOS ALIMENTICIOS
Debemos inculcar uns hábitos e estilos de vida saudables, e por eso deben coñecer a importancia de beber moita auga, de facer exercicio case todos os días e de coñecer que tipos de alimentos se deben consumir máis ou menos por eso vamos a facer que coñezan a pirámide alimentaria :
MÚSCULOS E ÓSEOS QUE DEBEMOS COÑECER
Debemos desenvolver que coñezan o seu corpo, as súas diferentes partes, os diferentes sistemas, as súas funcións,a súa importancia para a realización de actividades físicas e o seu coidado.
SISTEMA MUSCULAR E SISTEMA ÓSEO
ELABORACIÓN DE MATERIAL PRÁCTICO CON MATERIAS RECICLADOS
Os alumnos de 5º e 6º de primaria elaboraron material de animación para a práctica dos xogos populares no recreo. Dividindo aos estudantes en diferentes grupos para traballar de forma cooperativa, os alumnos foron capaces de facer material práctico con materiais reciclados.
Xogos tradicionais e xogos de mesa xigantes no chan do noso patio
Un dos momentos que máis esperan os cativos/as do noso centro como en calquera outro colexio é saír ao recreo. O tempo de xogo e entretemento, é unha pequena pausa para descansar e recobrar forzas para que os alumnos/as sigan co seu proceso de aprendizaxe e se enfronten a novos desafíos.
"O patio escolar motiva acción". Se un patio non ten máis nada que cemento, prodúcese un baleiro cando os nenos saen ao recreo.
No noso centro propuxémonos cambiar a cara a estes espazos para promover a aprendizaxe desde o xogo e de maneira lúdica. E despois de moito esforzo o resultado foi este: