@s alumn@s de 6º comenzan os preparativos para a celebración do Día das Letras Galegas con este vídeo tan fermoso!
Taller de Ecopercusíon
(Organizado en colaboración coa asignatura de Música, o Equipo de Biblioteca Escolar e o CFR Ourense, a través dos Pfpps do centro)
Hoxe pasamos unha xornada do máis divertido e animado. As nosas mamás e os nosos papás estiveron no Cole e participaron con nós nun taller de ecopercusión.
Unha actividade fantástica que nos achegou a todos á percusión, recoñecendo ritmos e sonoridades.
Grazas Didier polo día inolvidable que nos proporcionaches!
PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO RECIBIMOS NO NOSO COLE A ESCRITORA MARÍA VICTORIA BERJANO CID
FOI UN DÍA MOI ENTRAÑABLE!
FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!
Vémonos á volta (o día 11 de abril) coas pilas cargadas.
Para celebrar o Día da Auga @s alumno@s de 3º e 4º fomos ao Centro de Interpretación de as Burgas.
Aprendemos moito sobre a temática da auga e sobre a riqueza termal da nosa cidade.
Visita d@s alumn@s de 5º e 6º á Policía Local
Encontros co autor
No pasado día 9 de marzo fomos de excursión ao Liceo para coñecer a Lois Pérez.
Despois da interpretación do seu libro "A gruta da Torre" quixemos facer algunhas preguntas ao escritor.
Que día tan especial!!!
Celebración do Día da Muller
Para celebrar o 8M fixemos unha morea de actividades no Cole.
Asistimos ao Contacontos de Uxía Morán, ao Teatro con Trémula Teatro e a unha Sesión de Cine na Escola.
Pasámolo xenial!
Sesión de Contacontos
FROITA NA ESCOLA
INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN DE FROITA FRESCA NA ESCOLA
UNHA VEZ COMUNICADA A RESOLUCIÓN DA AXUDA CONCEDIDA POLO FOGGA PARA O SUMINISTRO DE FROITAS FRESCAS E LEITE NA ESCOLA, INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN
1º PERIODO
FROITA - DO 16 AO 27 DE XANEIRO
LEITE- DO 27 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO
Entroido no Cole
Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA con estas montaxes tan chulas feitas cos debuxos dos nosos alumnos e alumnas e as cancións de Uxía Senlle. Desexamos que vos guste!
Aínda que con algo de retraso por problemas técnicos... aquí vos deixamos o vídeo da nosa celebración de Samaín no cole. Estivo de medo!
DEIXADE QUE O ESPIRITO DO AMOR ENCHA SUAVEMENTE OS VOSOS CORAZÓNS!
DESEXOS DE FELICES FESTAS
O día 30 de outubro celebramos o Samaín no Cole.
Participamos en actividades moi divertidas: adornamos as nosas aulas, preparamos e degustamos galletas "arañas", fixemos as nosas propias creacións de monstros terroríficos, cantamos e signamos unha canción dende as ventás do cole...
Foi un día inesquecíble!!!
TRABALLO PARA O ALUMNADO- MEDIDAS EXTRAORDINARIAS POLO CORONAVIRUS
PREME EN CADA APARTADO PARA TER ACESSO ÁS ACTIVIDADES DISPOÑIBEIS:
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP MARIÑAMANSA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020/2021
(para máis información contactar a dirección do centro)
Horario de entrega de notas
Luns 29 de xuño.
Martes 30 de xuño.
Entre as 10 e as 11 h.
5º
4º
Entre as 11 e as 12 h.
1º
2º
Entre as 12 e as 13 h.
4º/5º EI
6º
Entre as 13 e as 14 h.
3º
5º/6º EI
Día das Letras Galegas
"Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero"
Preme na imaxe para ver o vídeo
Proposta de actividade para celebrar o Día das Letras Galegas
Restablecido o procedemento de
admisión do alumnado
Presentación de solicitudes de admisión dende o día 11 de maio ata o día 18 do mesmo mes, por vía telemática ou presencial con cita previa, chamando ao teléfono 988254203
Seguimos á vosa disposición nos correos: marinamansanacasa@gmail.comceip.marinamansa@edu.xunta.es e no número de teléfono do Centro: 988254203. Indicade para que profesor ou profesora vai dirixida a mensaxe, cando se trate das tarefas propostas.
Un grupiño de intérpretes de Lingua de Signos Española de Galicia animan a todos a quedar na casa para conter o coronavirus.
Preme na imaxe abaixo para ver este video tan fermoso.
A CRTVG, ponla canle G2, emite un bloque educativo, entre as 11:00 e as 13:00, en colaboración coa Consellería de Educación
Suspéndense as actividades lectivas dende o luns 16 de marzo e durante 14 días.
Encontro cos nenos e nenas de Educación Infantil e os Maiores do Centro de Día de Ourense, que pertence á Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia. No devandito Centro desenvólvese o Proxecto Nuka. Pequenos e Maiores compartiron vivenzas durante a mañá do pasado venres 28 de febreiro.
O 30 de xaneiro, as alumnas e alumnos do CEIP Mariñamansa , celebraron o día do Paz. Para isto, construíron un corazón con diferentes pezas que decoraron eles mesmos coas súas mans. Ademais, durante ese mes, estiveron practicando moito a canción “Eu teño alguén”, para interpretala de forma oral e coa lingua de signos ese mesmo día.
Foi un día moi especial para nós e aquí deixamos unha mostra diso.
Día da Paz no Cole
Bo Nadal e
feliz aninovo!
O día 13 de Decembro recibimos no noso Cole a escritora portuguesa "Adélia Carvalho". Foi un día moi entrañable!
Teatro en inglés
O pasado día 13 de Novembro fomos ao Auditorio Municipal ver unha obriña de teatro "The Tin Soldier" en inglés. Gustounos moitisimo e queremos repetir!!!
Magosto 2019
Os alumnos e alumnas de infantil e primaria do noso colexio disfrutaron moito do Magosto o pasado día 8 de novembro. Para elo os profesores e profesoras prepararon unha degustación de castañas durante o recreo e un circuito de probas moi variadas e dinámicas, como por exemplo: xogos de equilibrios ou saltos a comba.
Unha xornada divertida onde se coñeceu un pouco mais da nosa cultura e tradicións.
O día 30 de Outubro celebramos o Samaín. Fixemos actividades moi divertidas: debuxamos, pintamos cabazas, decoramos o cole e escribimos os nosos medos ao monstriño "Quita Medos".
Pasámolo moi ben!!!
O día 11 de Setembro comezarán as clases do curso 2019-2020
O pasado día 14 de Xuño celebramos no noso Cole o Día Nacional da Língua de Signos.
Excursión a Portugal
Os alumnos de 5º e 6º participaron nun intercambio cos alumnos da Escola EB2-3 de Vila Nova de Famalicão organizado polo Concello de Ourense no ámbito do Eixo Atlántico.
Unha experiencia inesquecible!!!
Día do libro
"No hay mejor fragata que un libro para llevarnos a tierras lejanas."
Emily Dickinson
O pasado día 10 de abril recibimos no noso Cole os alumnos de 5º e 6º da Escola Júlio Brandão, de Vila Nova de Famalicão (Portugal).
Interpretamos a canción "Grândola Vila Morena", preparamos un almorzo requetechulo e sobre todo compartimos momentos moi especiais!
O día da árbore plantamos bidueiros no Cole e xa veredes como medran!
Momentos inesquecibles con Ángeles
(a nosa marabillosa cociñeira)
Celebración do "8M" no Cole
Interpretación da canción "Vivir" en Lingua de Signos para a celebración do Día Internacional da Muller
"Preparando o 8M"
Celebramos o Entroido con moita alegría, fantasía e cor!
No día de S. Valentín espallamos amor e amizade por todo o Cole!
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019-2020 (Do 1 ao 15 de febreiro)
RESERVA DE PRAZA. DO 1-15 DE FEBREIRO
O prazo para a reserva de praza durante o curso 2019-2020, vai dende o 1 ao 15 de febreiro, ambos inclusive. Para alumnado de 6º que vaia ao centro adscrito (IES A Laboral) ou para novo alumnado.
Podedes cubrir as solicitudes mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro ou na web da consellería de educación.
Estos días fixemos diferentes actividades no Cole para celebrar a vida grazas aos valores da amizade e a solidaridade.
Obradoiro de primeiros auxílios: pupas, sustos e outros desgustos
Organizado pola EOXI de Ourense
O pasado día 30 de Outubro recibimos a visita do recoñecido escritor António Mota acompañado pola Coordinadora do Ensino Portugués en España Filipa Soares. Asistiu tamén ao acto o noso Alcalde D. Jesús Vazquez.
Pasamos un día moi entrañable!!!
Video "Aquela folha"
Samaín no Cole
Coas cabazas terroríficas que fixemos, moito medo tivemos!!
No noso país chamado infancia, todo é posible! E nós os alumnos/as de 5º fomos levados pola arte e pola imaxinación.
Traballamos "O jorobado de Notre Dame" e pasámolo moi ben!!!
Preme enriba das imaxes
Un conto no Cole!
"O xinete das árbores"
Participación no Concurso Chefs Saudables
Un ollar atento sobre o uso dos contos de fadas como ferramenta da educación alimentaria e nutricional, levounos a abrazar a iniciativa do concurso “Chefs saudables” con moita ilusión e agarimo.
E o resultado foi este!!!
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: DENDE O 26 DE MARZO ATA O 2 DE ABRIL, AMBOS INCLUIDOS
Dende o CEIP Mariñamansa abrimos as fiestras a Rosalía de Castro para que todas as súas obras poidan entrar nas nosas aulas.
OS DÍAS 12,13,E 14 DE FEBREIRO NON HABERÁ CLASE ( ENTROIDO)
NO ENTROIDO DISFRAZÁMONOS E PASÁMOLO MOI BEN!!!
Solicitudes de reserva de praza. Do 1 ao 15 de febreiro
Acaba de abrirse o prazo para a entrega das solicitudes de reserva de praza "só para centros adscritos".
O prazo comeza o 1 de febreiro e remata o 15 febreiro.
As familias podedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (co documento que temos no centro), ou a través da dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado/onde tedes toda a información.
Celebramos o día da Paz!
Coa axuda dos nosos Intérpretes de Signos cantamos e signamos unha canción para celebrar o día da Paz!
O resultado foi inesquecible!
Preme enriba da imaxe para ver o vídeo
Grazas Iria e Modesto!!!
As vacacións do Nadal serán dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro, ámbolos dous incluidos.
Para celebrar o Nadal os nenos/as adornaron cada espazo do colexio con moito agarimo e o resultado foi este!
O consumo de froita fresca é moi importante no desenvolvemento dos nenos/as.
Os alumnos/as de Educación Infantil prepararon unha xornada moi saudable!!!
Almorzos saudables
Actividade organizada pola Obra Social "La Caixa".
Xogos tradicionais e xogos de mesa xigantes no chan do noso patio
Desde o noso centro propuxémonos cambiar a cara do noso patio escolar promovendo a aprendizaxe desde o xogo e de maneira lúdica. E despois de moito esforzo o resultado foi este:
Para celebrar o Samaín os alumnos participaron en diferentes actividades de "medo" !!!
Decoraron o colexio, disfrazáronse e comeron cousas terroríficas...
O INICIO DAS CLASES SERÁ O DÍA 11 DE SETEMBRO
XORNADA LUDICA DEPORTIVA NO COMPLEXO MONTERREI
PREMIO "CHEFS SAUDABLES"
FLOR DE PRIMAVERA
Organizado pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade
3º POSTO NO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN
NORABOA Equipo de balonmán do CEIP Mariñamansa!!!
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017
Está aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario e axuda para a adquisición de libros e material escolar.
O prazo comeza o 22 de maio e remata o 23 de xuño de 2017 .
Poden acceder á información pinchando sobre os documentos seguintes aquí abaixo.
O pasado Venres, día 26 de Maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria asistiron á peza de teatro en inglés "Pinocchio".
Esta actividade foi organizada polo Concello de Ourense.
Visita ao horto Interxeneracional de Mariñamansa
18 de Maio de 2017
E Infantil, 1º e 2º E.P.
Xornada de Acollida no IES Universidade Laboral
4 de Maio de 2017
Toribio e a Galiña azul visitaron o noso Colexio
TOP CHEF MARIÑAMANSA
Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º deseñaron e confeccionaron unha receita magnífica, titulada "Flor de Primavera".
O verdadeiro "showcooking" na cociña!!!
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:DO 8 AO 17 DE ABRIL, ÁMBOLOS DOUS INCLUIDOS.COMEZAMOS O DIA 18 DE ABRIL.
Participación nas actividades organizadas pola Deputación de Ourense no marco da " 3ª semana Escolar da Árbore e da Auga"
Os nosos alumnos acompañados polos seus mestres colaboraron nas actividades de concienciación medioambiental.
Plantaron un castiñeiro que recibiu o nome de " Pumbariña "
Grazas Sindo pola súa colaboración!!!
Equipo de Balonmán do CEIP Mariñamansa
Campións da liga de balonmán de Ourense
Noraboa aos nosos deportistas!!!
Instrucións e formularios de matrícula para o alumnado novo
Solicitude de matrícula para o curso 2017/2018
Pode facer a solicitude de matrícula entre o 1 e o 20 de marzo, no prazo ordinario.
Deberá entregar a solicitude e a documentación requerida, que se indica a continuación, na Secretaría do Centro, no prazo indicado.
Documentación:
Anexo II (para solicitude de admisión) debidamente cuberto. Pode solicitalo na Secretaría do Centro, ou ben descárgalo, cubrilo e imprimilo dende aquí.
DNI do pai, nai ou do titor legal e alumno/a.
Libro de familia ou similar.
Certificado de empadroamento e convivencia.
Certificado médico.
Fotocopia de la Cartilla da Seguridade Social.
Fotocopia do Calendario de vacinas.
Dúas fotografías tamaño carné.
Normativa reguladora:
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG15/02/2013).
Data de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
ENTROIDO: Non haberá clases os días 27, 28 de febreiro e o día 1 de marzo.
O entroido
O Entroido está a chegar. É tempo de foliada e moita diversión!!!
O noso MECO deixounos os seus mandados que teremos que levar a cabo.
O LUNS POLA MAÑÁ
ADORNAR BEN A TESTA
VEN MOI CONTENTO AO COLE
PORQUE XA COMEZA A FESTA
O MARTES AO LEVANTARTE
BUSCA ALGO DIVERTIDO
PONO NO PESCOZO
ESTARÁS MOI LUCIDO
O MÉRCORES TÓCALLE AO CORPO
PON CALQUERA FARRAPO
PENSA QUE TODO VALE
SEGURO ESTARÁS MOI GUAPO
NON ESQUEZAS QUE O XOVES
TÓCALLE A QUENDA AOS TEUS PÉS
ADORNA BEN OS ZAPATOS
COMO FAN OS CEMPÉS
POR FIN CHEGOU O VENRES
TODO XUNTO DEBES VESTIR
ESE DÍA NO TEU COLE
MOITO TE VAS DIVERTIR
Consumo de froita fresca
Como ten sido habitual nestes últimos anos, participamos no Plan de Consumo de froitas frescas na escola, concedido pola Consellería de Medio Rural, a través do FOGGA.
O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita fresca así coma os hábitos saudables dos nenos e nenas.
A froita repartirase no recreo da mañá (dende as 12:15 ás 12:45)
Os períodos nos que se levará a cabo o plan son os seguintes:
1ª semana:do 13 ao 17 de febreiro
2ª semana:do 13 ao 17 de marzo
3ª semana: do 24 ao 28 de abril
4ª semana: do 22 ao 26 de maio
Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos/as sobre a importancia do consumo de froita.
A Paz
Na celebración do día da Paz o Equipo de Normalización Lingüística organizou unha xornada moi especial.
Mestres e alumnado compartiron o camiño cara á PAZ
O resultado foi este!!!
Magosto
Aproveitando a época do magosto, fixemos un xogo de pistas cos rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º no que ao mesmo tempo que nos permitiu realizar unha actividade física, tamém abordou unha tradición popular galega.
O resto do alumnado, Infantil, 1º e 2º estiveron no ximnasio realizando actividades artísticasrelacionadas coa festa.