Skip to Content

Novas

O día 11 de Setembro comezarán as clases do curso 2019-2020

 

 

Día Nacional da Lingua de Signos Española

O pasado día 14 de Xuño celebramos no noso Cole o Día Nacional da Língua de Signos. 

 

Excursión a Portugal

Os alumnos de 5º e 6º participaron nun intercambio cos alumnos da Escola EB2-3 de Vila Nova de Famalicão organizado polo Concello de Ourense no ámbito do Eixo Atlántico.

Unha experiencia inesquecible!!!

Día do libro

"No hay mejor fragata que un libro para llevarnos a tierras lejanas."  

                                  Emily Dickinson

 

O pasado día 10 de abril recibimos no noso Cole os alumnos de 5º e 6º da Escola Júlio Brandão, de Vila Nova de Famalicão (Portugal).

Interpretamos a canción "Grândola Vila Morena", preparamos un almorzo requetechulo e sobre todo compartimos momentos moi especiais!

 

    

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O día da árbore plantamos bidueiros no Cole e xa veredes como medran!

 

Momentos inesquecibles con Ángeles

(a nosa marabillosa cociñeira)

 

Celebración do "8M" no Cole

 

Interpretación da canción "Vivir" en Lingua de Signos para a celebración do Día Internacional da Muller

 

 "Preparando o 8M"

 

 

Celebramos o Entroido con moita alegría, fantasía e cor!

 

 

No día de S. Valentín espallamos amor e amizade por todo o Cole!

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019-2020 (Do 1 ao 15 de febreiro)

 

RESERVA DE PRAZA. DO 1-15 DE FEBREIRO

O prazo para a reserva de praza durante o curso 2019-2020, vai dende o 1 ao 15 de febreiro, ambos inclusive. Para alumnado de 6º que vaia ao centro adscrito (IES A Laboral) ou para novo alumnado.

Podedes cubrir as solicitudes mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro ou na web da consellería de educación.

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

 

Dia da PAZ

 Estos días fixemos diferentes actividades no Cole para celebrar a vida grazas aos valores da amizade e a solidaridade.

 

 

 

 

Obradoiro de primeiros auxílios: pupas, sustos e outros desgustos

Organizado pola EOXI de Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O pasado día 30 de Outubro recibimos a visita do recoñecido escritor António Mota acompañado pola Coordinadora do Ensino Portugués en España Filipa Soares. Asistiu tamén ao acto o noso Alcalde D. Jesús Vazquez. 

Pasamos un día moi entrañable!!!

 

 

 

 

Video "Aquela folha"

 

Samaín no Cole

Coas cabazas terroríficas que fixemos, moito medo tivemos!! 

 

 

 

 

 

No noso  país chamado infancia, todo é posible! E nós os alumnos/as de 5º fomos levados pola arte e pola imaxinación.

Traballamos "O jorobado de Notre Dame" e pasámolo moi ben!!!

 

Preme enriba das imaxes

 

 

 

 

 Un conto no Cole!

"O xinete das árbores"

 

 

Participación no Concurso Chefs Saudables

Un ollar atento sobre o uso dos contos de fadas como ferramenta da educación alimentaria e nutricional, levounos a  abrazar a iniciativa do concurso “Chefs saudables” con moita ilusión e agarimo.

E o resultado foi este!!!

 

 

 

 

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: DENDE O 26 DE MARZO ATA O 2 DE ABRIL, AMBOS INCLUIDOS

 

 

Dende o CEIP Mariñamansa abrimos as fiestras a Rosalía de Castro para que todas as súas obras poidan entrar nas nosas aulas.

 

 

OS DÍAS 12,13,E 14 DE FEBREIRO NON HABERÁ CLASE ( ENTROIDO)

 

NO ENTROIDO DISFRAZÁMONOS E PASÁMOLO MOI BEN!!!

  

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Solicitudes de reserva de praza. Do 1 ao 15 de febreiro

Acaba de abrirse o prazo para a entrega das solicitudes de reserva de praza "só para centros adscritos".

O prazo comeza o 1 de febreiro e remata o 15 febreiro.

As familias podedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (co documento que temos no centro), ou a través da dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ onde tedes toda a información.

 

Celebramos o día da Paz!

Coa axuda dos nosos Intérpretes de Signos cantamos e signamos unha canción para celebrar o día da Paz!

O resultado foi  inesquecible! 

 

Preme enriba da imaxe para ver o vídeo

Grazas Iria e Modesto!!!

 

 

As vacacións do Nadal serán dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro, ámbolos dous incluidos.

 

 

Para celebrar o Nadal os nenos/as adornaron cada espazo do colexio con moito agarimo e o resultado foi este! 

 

 

O consumo de froita fresca é moi importante no desenvolvemento dos nenos/as.

Os alumnos/as de Educación Infantil prepararon unha xornada moi saudable!!!

    

   

 

Almorzos saudables

Actividade organizada pola Obra Social "La Caixa".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xogos tradicionais e xogos de mesa xigantes no chan do noso patio

 

Desde o noso centro propuxémonos cambiar a cara do noso patio escolar promovendo a aprendizaxe desde o xogo e de maneira lúdica. E despois de moito esforzo o resultado foi este:

  

  

  

  

 

 

  

Para celebrar o Samaín os alumnos participaron en diferentes actividades de "medo" !!!

 

 

Decoraron o colexio, disfrazáronse e comeron cousas terroríficas... 

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O INICIO DAS CLASES SERÁ O DÍA 11 DE SETEMBRO

 

 

 

 

XORNADA LUDICA DEPORTIVA NO COMPLEXO MONTERREI

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PREMIO "CHEFS SAUDABLES"

FLOR DE PRIMAVERA 

 

Organizado pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade

 

 

 

3º POSTO NO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA Equipo de balonmán do CEIP Mariñamansa!!!

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017

Está aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario e axuda para a adquisición de libros e material escolar.

O prazo comeza o 22 de maio e remata o 23 de xuño de 2017 .

 

Poden acceder á información pinchando sobre os documentos seguintes aquí abaixo. 

Anexo I

Convocatoria Solicitude Axuda de libros e material escolar

 

 

Teatro en Inglés no Auditorio de Ourense

O pasado Venres, día 26 de Maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria asistiron á peza de teatro en inglés "Pinocchio".

 

 

 

Esta actividade foi organizada polo Concello de Ourense.

 

 

 

 Visita ao horto Interxeneracional de Mariñamansa 

18 de Maio de 2017

 

 

 

E Infantil, 1º e 2º E.P.

 

 

 

 Xornada de Acollida no IES Universidade Laboral

4 de Maio de 2017

 

 

 

 Toribio e a Galiña azul visitaron o noso Colexio

 

                          

 

                

 

                  

 

 

TOP CHEF MARIÑAMANSA

Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º deseñaron e confeccionaron unha receita magnífica, titulada "Flor de Primavera".

O verdadeiro "showcooking" na cociña!!!

 

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:DO 8 AO 17 DE ABRIL, ÁMBOLOS DOUS INCLUIDOS.COMEZAMOS O DIA 18 DE ABRIL.

 

  Participación nas actividades organizadas pola Deputación de Ourense no   marco da " 3ª semana  Escolar da Árbore e da Auga"

 

Os nosos alumnos acompañados polos seus mestres colaboraron nas actividades de concienciación medioambiental.

Plantaron un castiñeiro  que recibiu o nome de " Pumbariña "

 

Grazas Sindo pola súa colaboración!!!

 

 

Equipo de Balonmán do CEIP Mariñamansa

Campións da liga de balonmán de Ourense

 

Noraboa aos nosos deportistas!!!

 

 

 

Instrucións e formularios de matrícula para o alumnado novo

 

Solicitude de matrícula para o curso 2017/2018

 

Pode facer a solicitude de matrícula entre o 1 e o 20 de marzo, no prazo ordinario.

Deberá entregar a solicitude e a documentación requerida, que se indica a continuación, na Secretaría do Centro, no prazo indicado.

 

Documentación:

Anexo II (para solicitude de admisión) debidamente cuberto. Pode solicitalo na Secretaría do Centro, ou ben descárgalo, cubrilo e imprimilo dende aquí.

DNI do pai, nai ou do titor legal  e alumno/a.

Libro de familia ou similar.

Certificado de empadroamento e convivencia.

Certificado médico.

Fotocopia de la Cartilla da Seguridade Social.

Fotocopia do Calendario de vacinas.

Dúas fotografías tamaño carné.

 

Normativa reguladora:

 

 

Oferta de postos vacantes:

       

CURSO

VACANTES DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2017/18

ED. INFANTIL

4º EI

25

5º EI

19

6º EI

20

ED. PRIMARIA

1º EP

22

2º EP

15

3º EP

20

4º EP

13

5º EP

17

6º EP

18

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Data de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

 

ENTROIDO: Non haberá clases os días 27, 28 de febreiro e o día 1 de marzo.

 

                                            O entroido                                        

 

O Entroido está a chegar. É tempo de foliada e moita diversión!!!

 

O noso MECO deixounos os seus mandados que teremos que levar a cabo.

O LUNS POLA MAÑÁ

ADORNAR BEN A TESTA

VEN MOI CONTENTO AO COLE

PORQUE XA COMEZA A FESTA

O MARTES AO LEVANTARTE

BUSCA ALGO DIVERTIDO

PONO NO PESCOZO

ESTARÁS MOI LUCIDO

O MÉRCORES TÓCALLE AO CORPO

PON CALQUERA FARRAPO

PENSA QUE TODO VALE

SEGURO ESTARÁS MOI GUAPO

NON ESQUEZAS QUE O XOVES

TÓCALLE A QUENDA AOS TEUS PÉS

ADORNA BEN OS ZAPATOS

COMO FAN OS CEMPÉS

POR FIN CHEGOU O VENRES

TODO XUNTO DEBES VESTIR

ESE DÍA NO TEU COLE

MOITO TE VAS  DIVERTIR

 

                   Consumo de froita  fresca                                  

 

 

Como ten sido habitual nestes últimos anos, participamos no Plan de Consumo de froitas frescas na escola, concedido pola Consellería de Medio Rural, a través do FOGGA.

O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita fresca así coma os hábitos saudables dos nenos e nenas.

A froita repartirase no recreo da mañá (dende as 12:15 ás 12:45)

Os períodos nos que se levará a cabo o plan son os seguintes:

 

1ª semana: do 13 ao 17 de febreiro

2ª semana: do 13 ao 17 de marzo

3ª semana: do 24 ao 28 de abril

4ª semana: do 22 ao 26 de maio

 

Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos/as sobre a importancia do consumo de froita.

 

 

                                                    A Paz                                        

 

 

Na celebración do día da Paz o Equipo de Normalización Lingüística organizou unha xornada moi especial.

Mestres e alumnado compartiron o  camiño cara á PAZ

O resultado foi este!!!

 

 

 

Magosto 

                

 

Aproveitando a época do magosto, fixemos un xogo de pistas cos rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º no que ao mesmo tempo que nos permitiu realizar unha actividade física, tamém abordou unha tradición popular galega.

O resto do alumnado, Infantil, 1º e 2º estiveron no ximnasio realizando actividades artísticas relacionadas coa festa.

 

 

 



page | by Dr. Radut