Marabillosa Coreografía de "Jerusalema"
ANIMANDO A LER
Como vimos facendo dende hai anos, os alumnos de 5° e 6° de primaria traballamos durante o curso sobre un autor en particular. Trátase dunha iniciativa máis para achegarse ao mundo da literatura, dende todos os puntos de vista posibles. Tentamos darlle á lectura unha dimensión emocional, artística e sensorial ademais da propiamente lingüística.
Este curso eliximos a Charles Dickens. Traballamos as seguintes obras: David Copperfield, Conto de Nadal, Grandes Esperanzas e Oliver Twist, que é o libro máis fondamente tratado. Como a posibilidade de ler outros libros máis actuais resulta hoxe día máis doada, pensamos que a lectura dun clásico coma Dickens, merecía un traballo e dedicación especial, que facilitase a súa comprensión e grandeza.
Eliximos o venres “O día de Oliver” para facer as sesións de lectura, búsqueda de recursos na rede, elaboración de materiais, visionado de películas, e celebración de distintos eventos conectados non somentes co libro, senon tamén coa etapa histórica.
A lectura é o eixo central de calquera actividade escolar, pero é algo máis que todo iso. A lectura é a amiga invisible dun ser humano creativo, crítico e consciente. É por iso, que todo o que podamos facer para motivar e xerar un vínculo infinito con ela, merece todos os nosos esforzos.
Aprender a ler é aprender a vivir, vivamos con maiúsculas a través dos libros e aproveitemos as novas tecnoloxías para engrandecer aínda máis este proceso.