Un bo día desta última semana, recibimos unha gran sorpresa, que durante acomesa mañás acompañou a Mini Gorda, era GORDA. Como o seu nome o indica, tiña un tamaño considerable, que a todos nos sorprendeu. Case non tiña sitio na súa piscina e quitamos ás dúas compañeiras ó patio, a tomar un pouco o sol e a explorar.
E ollo, ollo amigos...ese dito de que as tartarugas son lentas, non é certo. Andivemos detrás delas un bo anaco.
Un bo día, os nenos de 4 anos, descubrindo palabras coa letra V surxiu o interese sobre os Volcáns. Como somos moi curiosos e había algúns cativos que non sabían o que era, comezamos a investigar...a investigación rematou cun superexperimento. Deixamos imaxes e vídeos para que poidades desfrutar tanto coma nós:
Coa chegada do bo tempo, recibimos unha nova sorpresa!
Un bo día ao chegar a clase atopamos a "MINI GORDA", unha gran tartaruga que nos vai acompañar durante os últimos días de curso. Neste tempo temos que ir descubrindo as súas características, os coidados que precisa... ademais compararémola cos outros animais que nos visitaron ó longo deste curso( Estrellita, Pepe e Manolo).
Hoxe 25 de maio chegou o gran día! Por fin fixemos a nosa primeira excursión do ano! Coñecemos a nosa cidade. Gracias ao amigo "Martiño" fumos descubrindo cada un dos rincóns máxicos da nosa cidade: as Burgas, a piscina termal, a Praza Maior, a Praza do Trigo, as tres portas da Catedral... e por suposto a gran historia do patrón Martiño.
Desfrutamos moito, encantounos a pequena viaxe en autobus.Ademáis, Martiño agasallounos cun pequeno libro con ilustracións da nosa cidade. Estamos desexando repetir!
Pois chegou o momento de despedirse de Pepe e de Manolo! Nos últimos días seguimos facendo as tarefas que requerían (darlles de comer -tamén pan que sobraba do comedor-, limpar a xaula, pesalos...), pero a casiña que lles tiñamos xa se lles quedaba pequena e ata os vimos voar pola aula nalgunha ocasión!
Ao final estaban moi grandes! Pepe pesaba 830 gr. e Manolo, 710 gr.
Decidimos buscarlles un fogar axeitado para eles, onde puideran seguir crecendo... e iso foi posible grazas ao profe Marcos, que os levou ata Laias, onde xa están coa súa nova familia.
A verdade é que os botamos algo en falta, e dende que non están preguntamos moito por eles, por como estarán... e ese ratiño de tempo no que nos xuntabamos todos para velos tamén era especial e moi divertido.
Foi un pracer coñecer de cerca aos nosos amigos os polos Pepe e Manolo, aprendimos moito! Estamos desexando continuar coñecendo outros animais... que será o seguinte? Contarémovolo nuns días!
Aquí seguimos de granxeiros, estamos dándolle os mellores coidados aos nosos polos Pepe e Manolo. Todos os días limpamos e acondicionamos a súa casa, antes vivían nunha máis pequena e como creceron tanto mudámolos para unha moito máis ampla.
Tamén temos que alimentalos, ao principio era unha mezcla de cereais e na última semana introducímoslle o pan, que por certo lle encanta.
Imos mostrar o bonitos que están.
Outro dos traballiños que temos cada día é a hora de pesalos, que nos serve para comprobar que a alimentación é a adecuada, así como imos interiorizando conceptos matemáticos moi importante para a nosa vida.
Deixámosvos unha foto da evolución do peso dos polos, a día 6 de maio Pepe pesa 570gr. e Manolo495gr.
Estamos convencidos que o noso traballo está dando moi bos resultados.
Os alumn@s de Educación Infantil levamos durante 21 días coidando (incubando) 8 ovos, cada día os nenos e nenas eran encargados de darlle a volta e comprobar que a temperatura fora a idónea.
Despois de 21 días de espera...por fin o resultado. Unha boa mañá ó chegar a escola atopamos que naceran dous fermosos e adorables poliños. Tiñades que ver as caras de emoción de todos nós.
Xa os coñecedes... a que son chulísimos? Logo de obervalos, miralos e volvelos a mirar... ocurriusenos que tiñamos que poñerlle nome e como eran case iguais tamén decidimos colocarlle a un deles unha pulseira na pata para poder diferencialos.
Despos dunha longa votación....os nomes elexidos para os nosos polos foron:
Un bo día apareceu na aula alguén moi especial. Chamábase Estrellita!! Ao principio non sabíamos qué era, se un rato, un hámster... Ata que descubrimos que era un jerbo! Unha especie de roedor orixinario de Asia.
A nosa convidada estivo no cole tres semanas, nelas cada día o encargad@ tiña que darlle auga fresca, pienso e heno. Ademáis dábamoslle un xoguete, si un xoguete! Qué podría ser? Un rolo de cartón! Os jerbos encántanlles desfacer cartón; é o seu xogo favorito, a parte de serlle moi beneficioso para a súa saúde dental.
Aquí podedes ver unhas fotos da estancia de Estrellita no cole:
Os nenos e nenas de Educación Infantil pasaron unha bonita xornada coa presenza dunha persoa moi querida que lles dramatizou o conto "Os tres porquiños".
Chegou a primavera e os nenos de Educación Infantil estivemos plantando sementes de cabaza para ver o que pasaba...E puidemos ver como crecían as plantiñas.
Os nenos do cole fixemos un marcapáxinas monstruoso para celebrar o día do libro
PINTURA ESPUMOSA
Esta semana comenzamos experimentando con cola branca, espuma de afeitar e colorante alimentario.
Pasámolo xenial!!!
Estamos desexando repetir a experiencia.
Os nenos de Educación Infantil aprendemos a coidar das boas bocas e pasámolo moi ben!!!
As nosas máscaras de Entroido!!!
Nos días de Outono os nenos e nenas do CEIP Mariñamansa degustamos froitos da época...e gustounos moito