Skip to Content

SEGUIMOS CRECENDO...

07/05/2021 10:37
Atlantic/Bermuda

Ola de novo:

Aquí seguimos de granxeiros, estamos dándolle os mellores coidados aos nosos polos Pepe e Manolo. Todos os días limpamos e acondicionamos a súa casa, antes vivían nunha máis pequena e como creceron tanto mudámolos para unha moito máis ampla.

Tamén temos que alimentalos, ao principio era unha mezcla de cereais e na última semana introducímoslle o pan, que por certo lle encanta.

Imos mostrar o bonitos que están.

 

 

 

Outro dos traballiños que temos cada día é a hora de pesalos, que nos serve para comprobar que a alimentación é a adecuada, así como imos interiorizando conceptos matemáticos moi importante para a nosa vida.

 

    

 

 

Deixámosvos unha foto da evolución do peso dos polos, a día 6 de maio Pepe pesa 570gr. e Manolo 495gr

Estamos convencidos que o noso traballo está dando moi bos resultados.

Ata a próxima, seguiremos informando.



story | by Dr. Radut