Skip to Content

NOVAS

23/02/2021
Atlantic/Bermuda

 

MAGOSTO NO COLE

Unha xornada inolvidable onde os xogos tradicionais foron os protagonistas. 

VIVA O MAGOSTO!

 

INICIACIÓN AO RUGBY

Os días 7 e 8 de novembro os nenos e as nenas de 3°~4°~5° e 6 de EP disfrutaron dunhas sesións de iniciación ao Rugby gracias a Rugby Ourense e o programa XOGADE que promove o deporte escolar.

 

 

 

O DÍA 6 DE NOVEMBRO

VISITA Á EXPOSICIÓN DE POLO A POLO

 

Os nenos de 1°~2~°3°~4° de EP visitaron o Xardín do Posío para ver a exposición da Fundación La Caixa DE POLO A POLO na que pudieron coñecer de primeira man os problemas do cambio climático nas especies animais e vexetais máis perxudicadas na actualidades e os seus problemas de extinción.

 

 

 

Para ver máis preme no video 

VISITA AO CENTRO DO CLUBE DE XADREZ LETHES

O pasado xoves 19 de outubro desfrutamos dunha experiencia enriquecedora para o alumnado. O clube Lethes visitounos e os alumnos puideron practicar co xadrez e coñecer ademais a importancia da robótica e a programación. Cremos que o xadrez é unha ferramenta excepcional para estimular o pensamento crítico, a creatividade e o desenvolvemento cognitivo independentemente da idade, ademais de fomentar importantes habilidades sociais como a paciencia e a toma de decisións.

 

COÑECENDO AS FROITAS TROPICAIS

Co motivo da celebración do Día da Alimentación, o pasado 11 de outubro vivimos unha xornada moi divertida, chea de cor e sabor, onde as froitas tropicais foron as protagonistas.

Aprendemos os seus nomes, os seus lugares de procedencia, os beneficios que nos reportan e rematamos cunha degustación. Cada froita probada valia un selo na nosa tarxeta "Frutiselos" que daba dereito a un pequeno agasallo.

Que día tan dociño!

 Preme na imaxe para ver o vídeo

VISITA DO CLUBE MARUSIA DE XIMNASIA AO NOSO CENTRO
 
O pasado día 9 de Outubro, os nenos e nenas de tódolos cursos puideron desfrutar dunha sesión para coñecer a ximnasia rítimica a través do programa XOGADE da Consellería . O clube Marusia de Ourense visitounos e fixo partícipes aos nosos pequenos a través dos aros, as mazás, a pelota, a cinta e a propia expresión corporal a través dunha coreografía.

 

 

 

O CEIP MARIÑAMANSA NO FESTIVAL DE CINE

O pasado día 4 de Outubro fomos ao Auditorio Municipal e asistimos ao filme "Unha aventura xigante" (actividade organizada polo Concello de Ourense).

FOI UNHA MAÑÁ MOI ANIMADA PARA O ALUMNADO DE 3°, 4°, 5° E 6°

VIVA O CINE ESCOLA!

Información para o alumnado de

4º de Educación Infantil

 

 

BENVID@S AO CURSO 23- 24  VergoñaVergoña

COMEDOR- CURSO 23/24

IMPRESO AUTODECLARACIÓN

Todo o alumnado que faga uso do servizo do comedor no curso  23-24 deberá presentar este modelo de autodeclaración debidamente cuberto, no día 1 de setembro na secretaría do centro.

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

AVISOS

 

  • O alumnado admitido no CEIP MARIÑAMANSA deberá formalizar a matríula na secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

 

 

  • AXUDA LIBROS E MATERIAL

Entrega de vales de libros e material: do 3 ao 7 de xullo.

 

(as familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar a setembro para recollelo).

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 23-24

 

UNHA DESPEDIDA QUE NON É UN "ADEUS" É UN "ATA SEMPRE"

MOITAS FELICIDADES QUERID@S ALUMN@S DE 6°

RECOMENDACIÓN LECTORA PARA O VERAN

 

COMICS DO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

UNHA XORNADA INOLVIDABLE

CON XOGOS TRADICIONAIS.


 

PROGRAMA EDU SAÚDE

O pasado día 16 participamos na actividade do programa Edu Saúde. Fomos polo paseo do Río Barbara e visitamos o Pavillón dos Remedios.

Pasámolo moi ben!

EXCURSIÓN A VIGO

@s alum@s de Educación Infantil, 1° e 2° fomos ao Zoo de Vigo e á praia.

Un día un día inolvidable!

 

- PRAZOS FONDO LIBROS /AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

 

Un pouquiño da celebración das Letras Galegas no noso Cole

 

@s alumn@s de 6º comenzan os preparativos para a celebración do Día das Letras Galegas con este vídeo tan fermoso! 

Taller de Ecopercusíon

(Organizado en colaboración coa asignatura de Música, o Equipo de Biblioteca Escolar e o CFR Ourense, a través dos Pfpps do centro)

Hoxe pasamos unha xornada do máis divertido e animado. As nosas mamás e os nosos papás estiveron no Cole e participaron con nós nun taller de ecopercusión.

Unha actividade fantástica que nos achegou a todos á percusión, recoñecendo ritmos e sonoridades.

Grazas Didier polo día inolvidable que nos proporcionaches!  

 "Pasea pola tua Cidade" actividade organizada polo Concello de Ourense

@s @lunos de Educación Infantil e 1° participaron nunha visita guiada por Ourense.

Visitaron as Burgas, a Praza Maior e o exterior da Catedral.

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO RECIBIMOS NO NOSO COLE A ESCRITORA MARÍA VICTORIA BERJANO CID

FOI UN DÍA MOI ENTRAÑABLE!

 

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

 

Vémonos á volta (o día 11 de abril) coas pilas cargadas.

 

Para celebrar o Día da Auga @s alumno@s de 3º e 4º fomos ao Centro de Interpretación de as Burgas.

Aprendemos moito sobre a temática da auga e sobre a riqueza termal da nosa cidade.

 

 

 

 

Visita d@s alumn@s de 5º e 6º á Policía Local

Encontros co autor

No pasado día 9 de marzo fomos de excursión ao Liceo para coñecer a Lois Pérez.

Despois da interpretación do seu libro "A gruta da Torre" quixemos facer algunhas preguntas ao escritor.

Que día tan especial!!!

 

Celebración do Día da Muller 

Para celebrar o 8M fixemos unha morea de actividades no Cole.

Asistimos ao Contacontos de Uxía Morán, ao Teatro con Trémula Teatro e a unha Sesión de Cine na Escola.

Pasámolo xenial!

 

Sesión de Contacontos

 

FROITA NA ESCOLA

INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

2º PERIODO 

 

FROITA - DO 13 AO 24 DE MARZO

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 

Reserva de prazas en centros de adscripción.

                (segundo Orde do 21 de outubro de 2022)

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Reserva de praza: · Alumnado 6º curso

Antes do 28 de febreiro de 2023

Publicación listaxe alumnado con posto reservado.

FROITA NA ESCOLA

UNHA VEZ COMUNICADA A RESOLUCIÓN DA AXUDA CONCEDIDA POLO FOGGA PARA O SUMINISTRO DE FROITAS FRESCAS E LEITE NA ESCOLA, INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN 

1º PERIODO

FROITA - DO 16 AO 27 DE XANEIRO

 

LEITE- DO 27 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO

Entroido no Cole

Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA con estas montaxes tan chulas feitas cos debuxos dos nosos alumnos e alumnas e as cancións de Uxía Senlle. Desexamos que vos guste!

EDUCACIÓN INFANTIL: XAN

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: ROSALÍA PEQUENIÑA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: COMO CHOVE MIUDIÑO

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAS DE CANTAR

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: MAIO LONGO

5º EDUCACIÓN PRIMARIA: FALARES DE AMOR

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: ALBORADA

AdxuntoTamaño
nadal-2023-1-c.mp438.24 MB


story | by Dr. Radut