Skip to Content

Zona Educativa

Patrulla verde. Programa Animal Bo Amigo.

 

 

A Patrulla Verde, xunto cun membro do Servizo municipal de Medio Ambiente e o seu can, visitaron as aulas de 6º de Educación Primaria para falarnos sobre a responsabilidade que supón o cuidado dun animal doméstico e a convivencia cos mesmos.

 

 

Recibimos á escritora María Canosa!!

Despois de ler o libro "A cazadora de estrelas" tivemos o pracer de gozar coa visita desta brillante escritora!! Podedes ver máis fotografías na nosa Galería de Imaxes.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2019-2020, será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. 

Lembramos que os días 4, 5, 6, 18 e 19 de marzo serán días non lectivos e, polo tanto, a secretaría do centro estará pechada.

 

Día da Paz e non Violencia

A nosa  mestra de música, Lara Agulleiro, fixo este video tan bonito co motivo da preparación da celebración do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, podedes ver o video premendo neste enlace.

Tamén podedes ver as fotografías do acto que celebramos no noso centro  premendo neste enlace.

 

Reserva de praza no IES OTERO PEDRAYO

O prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará estudos de 1º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo (centro adscrito) é do 1 ao 15 de febreiro.

Presentarase no noso centro o formulario normalizado ED550A, que pode descargar en formato PDF editable e que figura como documento adxunto no pé desta entrada.

Tamén pode cumprimentar a solicitude a través da aplicación admisióndealumnado, presentándoa posteriormente no centro.

As listaxes de admitidos por este procedemento de reserva publicaranse antes do 28 de febreiro. 

A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

Máis información nesta ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut