Skip to Content

TRANSPORTE ESCOLAR 24-25. LISTAXES DEFINITIVAS

As listaxes definitivas de alumnado admitido no trasnporte escolar para este curso 24-25 están publicadas, e poden ser consultadas, no taboleiro interior do centro.

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E VALES

A entrega dos libros adxudicados polo fondo de libros así coma dos vales que non foron recollidos no mes de xullo realizarase o LUNS 9 DE SETEMBRO nos horarios e espazos que figuran no documento anexo

 

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

No seguinte documento adxunto poden consultar as datas das reuniones iniciais coas familias:

BENVIDOS/AS!!

Prezadas familias,

Todo o profesorado do centro así coma o Equipo Directivo quere darvos a BENVIDA ao novo curso escolar e desexarvos un FELIZ CURSO!!

CONTACTO CO CENTRO

Informamos de que para calquera consulta, dúbida, trámite ou xestión, poden contactar co centro educativo a través do correo electrónico: ceip.maria.pita@edu.xunta.gal.

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO USUARIO DO TRANSPORTE ESCOLAR 24-25

As listaxes de alumnado admitido como usuario de transporte escolar para o curso 2024-2025 están publicadas no taboleiro interior do centro. Están ADMITIDAS todas as solicitudes presentadas.

Datas de interese:

  • Prazo de reclamación: do LUNS 02 de setembro ao MÉRCORES 04 de setembro ambos os dous incluídos.
  • Publicación das listaxes definitivas: VENRES 06 de setembro.

MATRÍCULA 2024 - 2025

O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.
 
Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:
 

  • Impreso de matrícula
  • 6 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Padrón municipal
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)

 
Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

O xoves 27 de xuño ás 12:00 horas celebraremos unha reunión de benvida coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil.

LISTAXE LIBROS CURSO 2024-2025

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe de libros de Educación Primaria do vindeiro curso 2024-2025.

Distribuir contido


by Dr. Radut