Skip to Content

FELICES FESTAS!!!

 

A comunidade educativa do CEIP María Pita deséxavos unhas Felices Festas e un próspero ano 2022!!!

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS

Hoxe, 03 de decembro, publicamos as LISTAXES DEFINITIVAS DE ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS para o alumnado de Educación Primaria. Poden consultarse no taboleiro interior do centro.  

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS

 

Publicada a listaxe provisional de adxudicación de máscaras no taboleiro de entrada do colexio.

Prazo de reclamación: dous días hábiles a partir da súa publicación.

 

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Informamos que a Consellería de Educación publicou a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en en centros privados concertados no curso 2021/22 (código do procedemento ED330E).

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil).

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar non curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

-Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

-Alumnado matriculado en Educación Especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

* Presencialmente no centro en horario de 09:00  a 14:00h.

   BAIXO PREVIA CITA CHAMANDO AO TELÉFONO 981 292 235

* Prazo de presentación: do 15 ao 26 de novembro de 2021 ámbolos dous incluidos.

ANEXO I eANEXO II (premer no enlace).

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro. Contra as listaxes provisionais, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

PROXECTO ENKI 2021

Aquí podedes ver como foi a nosa participamos na carreira solidaria ENKI:

 

                   

      

 

DÍA DO ENSINO 2021

Prezadas familias,

Lembramos que o vindeiro luns 11 de OUTUBRO, tal e como se recolle na orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022, é o DÍA DO ENSINO e, polo tanto, é un día de carácter non lectivo. 

Aproveitamos esta ocasión para comunicar que o día 07 de decembro de 2021 e o día 16 de maio de 2022 son os días con carácter non lectivo solicitados polo centro.

Un saúdo

O Equipo Directivo

COMEZO DO CURSO 2021-2022!!

Bo día,

Mañá, día 09 de setembro, voltamos á escola.

Solicitamos a lectura dos protocolos COVID, que seguen vixentes, e que regularán o funcionamento e a organización do noso centro. 

O profesorado titor está a comunicarse con todos vós ao ao longo desta semana e están xa planificadas e publicadas as reunións iniciais coas familias. 

Para o inicio do curso lembrade, as instrucións comunicadas polo profesorado titor e as que as autoridades sanitarias establencen como obrigatorias para este curso escolar:

  • Uso de máscara obrigatori para o alumnado de Educación de Primaria e moi recomendable para o alumnado de Educación Infantil.
  • Respecto da sinalización e espazo reservado exclusivamente para o alumnado.
  • Como sabedes  segue sen  permitirse a entrada no edificio a ningún adulto sen cita previa, baixo ningunha circunstancia, o noso principal obxectivo un ano máis é a protección do noso alumnado.
  • Lembramos ás familias que eviten as aglomeracións.

Este ano continúa a  rutinas de entradas e saídas establecidas no protocolo do centro, que farán que o centro permaneza pechado en harario lectivo, permitindo a entrada tan só de 11:30 a 12:30h,  para aquelas familias que tivesen asuntos familiares, citas médicas ou chegasen tarde, non sendo posible a entrada ou saída noutro momento que non sexa o establecido.

Este curso, é co inicio das obras de remodelación do centro, pregamos paciencia e colaboración pola vosa parte, respectando en todo momento os espazos reservados exclusivamente para o alumnado.

Para acudir á administración do centro é preciso a petición de cita previa no telefóno: 981 292 235, Ext.;1

Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut