Skip to Content

COMEZO DO CURSO 2021-2022!!

Bo día,

Mañá, día 09 de setembro, voltamos á escola.

Solicitamos a lectura dos protocolos COVID, que seguen vixentes, e que regularán o funcionamento e a organización do noso centro. 

O profesorado titor está a comunicarse con todos vós ao ao longo desta semana e están xa planificadas e publicadas as reunións iniciais coas familias. 

Para o inicio do curso lembrade, as instrucións comunicadas polo profesorado titor e as que as autoridades sanitarias establencen como obrigatorias para este curso escolar:

  • Uso de máscara obrigatori para o alumnado de Educación de Primaria e moi recomendable para o alumnado de Educación Infantil.
  • Respecto da sinalización e espazo reservado exclusivamente para o alumnado.
  • Como sabedes  segue sen  permitirse a entrada no edificio a ningún adulto sen cita previa, baixo ningunha circunstancia, o noso principal obxectivo un ano máis é a protección do noso alumnado.
  • Lembramos ás familias que eviten as aglomeracións.

Este ano continúa a  rutinas de entradas e saídas establecidas no protocolo do centro, que farán que o centro permaneza pechado en harario lectivo, permitindo a entrada tan só de 11:30 a 12:30h,  para aquelas familias que tivesen asuntos familiares, citas médicas ou chegasen tarde, non sendo posible a entrada ou saída noutro momento que non sexa o establecido.

Este curso, é co inicio das obras de remodelación do centro, pregamos paciencia e colaboración pola vosa parte, respectando en todo momento os espazos reservados exclusivamente para o alumnado.

Para acudir á administración do centro é preciso a petición de cita previa no telefóno: 981 292 235, Ext.;1

Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!!



paxina | by Dr. Radut