Skip to Content

Admisión de Alumnado

Impresos para admisión de alumnado

MATRÍCULA 2023 - 2024

O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño en horario de luns a venres de 9:15 horas a 11:00 horas e de 12:00 horas a 13:30 horas

Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:

  • Impreso de matrícula
  • 6 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Padrón municipal
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)

 

Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

AVISO: Por motivos alleos ao centro éste permanecerá pechado o xoves 22 de xuño.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021 - 2022

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2021-2022, será do 1 ao 22 de marzo ambos incluídos (o día 19  é un día non lectivo polo que a secretaría do centro permanecerá pechada). A atención ao público será baixo previa cita chamando ao teléfono do centro (Tlfno:981 292 235).

  
 
 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O NOVO ALUMNADO DO CURSO 2013 - 2014

A Consellería de educación deu a coñecer a orde que regula o procedemento de admisión de alumnos, que en breve publicará no Diario Oficial de Galicia, e polo tanto entrará en vigor.
Esta información é de especial interés para o alumnado de sexto e as súas familias.

   Polo que respecta ás solicitudes para o vindeiro curso 2013/14 a orde establece o seguinte:

   - Aqueles alumnos de sexto de primaria que desexen continuar estudios no IES OTERO PEDRAYO, ao que está adscrito o CEIP María Pita, deberán facer a reserva de praza entre o
18 e 22 de marzo mediante o impreso que lles entregaremos.

   - O alumnado de sexto que teña pensado continuar os estudios de secundaria noutro instituto público distinto ou noutro centro concertado o privado deberá presentar a solicitude no centro que elixan entre o 5 e o 17 de abril.

   Calquera dúbida ou pregunta que teñan non dubiden en dirixirse ao departamento de orientación ou á dirección do centro.


Para os pais e as nais que estean interesadas en coñecer o centro, faremos dúas sesións de portas abertas:


o luns, día 4 de Marzo de 2013, ás 17:00 h 


- o luns, día 8 de Abril de 2013, ás 17:00 h.


 



  • O prazo de entrega de solicitudes no centro vai do 5 ao 17 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

 



  • O modelo oficial para presentar solicitude recollerase na Secretaría, só se pode presentar nun colexio, e virá debidamente asinado por un dos proxenitores ou por ambos proxenitores no caso de divorcio, aportando a resolución xudicial.

 



  • Horario de entrega na Secretaría de 09:00 a 11:30 h e de 12:00 a 14:00 h.

 



  • O alumnado que solicite praza no Centro, debe acompañar copia do DNI, do libro de familia ou outro documento que acredite a súa data de nacemento, así como os nomes dos pais.

 



  • Certificado de empadroamento da unidade familiar actualizado.

 



  • Se opta porque se teña en conta o lugar de traballo:

 





  • Lugar de traballo por conta allea: deberá aportar certificado expedido pola empresa e unha copia do contrato laboral.

  • Lugar de traballo por conta propia: A proximidade do lugar de traballo acreditarase mediante alta censual inicial perante a Axencia Estatal Tributaria, e alta na Tesourería Xeral no Réxime da Seguridade Social correspondente.

  • Funcionarios: aportarase a oportuna certificación.

 



  • Fotocopia da declaración da renda (IRPF) do ano 2011, coa finalidade de realizar o baremo (se é mester)

 



  • Na solicitude debe constar en 1º lugar o CEIP María Pita.

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES:



















Niveis de Educación Infantil 2º Ciclo


Niveis de Educación Primaria


 


4º EI, 3 anos (1º) ……..... 44


 


5º EI, 4 anos (2º) …….... 02


 


6º EI, 5 anos (3º)………... 02


 


 


(1)


 6


 


1º EP……………………………….. 00


2º EP……………………………….  00


3º EP……………………………….  02


4º EP ……………………………… 06


5º EP ……………………………… 00


6º EP ……………………………… 12


(1)


0


(1) Prazas reservadas para posible escolarización de alumnado con necesidades educativas de apoio, que serán asignadas pola Comisión de Escolarización ou pola Inspección Educativa.




 



 


PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO e non admitido:



  • Antes do día ...... estará exposta a resolución provisional no taboleiro de anuncios e nesta páxina web , podendo ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar dentro dos 5 días hábiles seguintes á publicación.


  • Resoltas as reclamacións farase publica a listaxe definitiva de admisión dentro dos 5 días hábiles seguintes á resolución das reclamacións.


  • Contra esta resolución pódese reclamar ante o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitria no prazo dun mes.

 


PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:



  • En Secretaría do 20 ao 30 de xuño de 09:05 a 11:30 h e de 12:00 a 14:00 h . Se non se fai pérdese o dereito a praza obtida.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE ADMISIÓN 2020-2021. CRISE COVID19

Información con respecto ao proceso de admisión:

  • Suspensión de prazos administrativos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. 
  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.

MATRÍCULA 2019 - 2020

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro, do 20 ao 30 de xuño (de 09:00 a 14:00 h), achegando a documentación requerida.Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida. (art. 40.2a e 40.3). 

LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2019 - 2020

A dirección do colexio fai públicas as LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis educativos, unha vez informado o Consello Escolar do centro en reunión ordinaria.

Poderá formularse reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013).

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2019-2020, será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. 

Lembramos que os días 4, 5, 6, 18 e 19 de marzo serán días non lectivos e, polo tanto, a secretaría do centro estará pechada.

 

Reserva de praza no IES OTERO PEDRAYO

O prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará estudos de 1º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo (centro adscrito) é do 1 ao 15 de febreiro.

Presentarase no noso centro o formulario normalizado ED550A, que pode descargar en formato PDF editable e que figura como documento adxunto no pé desta entrada.

Tamén pode cumprimentar a solicitude a través da aplicación admisióndealumnado, presentándoa posteriormente no centro.

As listaxes de admitidos por este procedemento de reserva publicaranse antes do 28 de febreiro. 

A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

Máis información nesta ligazón.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

 

Datas:

  • LUNS 18 DE FEBREIRO DE 2019 

          Desenvolveranse dúas sesións:  ás 16:15h e ás 17:45h.

  • LUNS 25 DE FEBREIRO DE 2019

          Soamente haberá unha única sesión: ás 16:30h.

 

*Deberá facerse reserva de data e horario na secretaría do centro, chamando ao teléfono: 981 292 235 ext.:100

 

Distribuir contido


by Dr. Radut