Skip to Content

REPARTO DE MÁSCARAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O vindeiro LUNS 21 de decembro procederase a entrega de máscaras única e exclusivamente ao alumnado beneficario do vale de material (50 euros) do Fondo Solidario de Libros. No arquivo adxunto figura o horario e a planificación desta entrega. 

 

MATERIAL DO CONCELLO DA CORUÑA

CONCELLO DE CORUÑA, dende a Concellería de Educación, quere colaborar nesta situación excepcional achegando o seguinte material para distribuír entre o alumnado do seguinte xeito:

  • 5º e 6º de Educación Infantil: BOTELLAS DE ALUMINIO.
  • 1º e 2º de Educación Primaria: BOTELLA DE ALUMINIO.
  • 3º e 4º de Educación Primaria: MÁSCARAS.
  • 5º e 6º de Educación Primaria: BOTES DE HIDROXEL.

DÍA DO ENSINO

Prezadas familias,

Lembramos que o vindeiro luns 7 de decembro, tal e como se recolle na orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021, é o DÍA DO ENSINO e, polo tanto, é un día non lectivo. 

Aproveitamos esta ocasión para comunicar que o día 14 de maio de 2021 é o día con carácter non lectivo solicitado polo centro.

Un saúdo

O Equipo Directivo

25N

Co motivo do 25N, todas as nosas porta de acceso ao centro pasan a ser "PORTAS VIOLETA", para garantir que o espazo que conforma o noso colexio, o noso alumnado e todo o conxunto de profesorado e resto da comunidade educativa, sexa unha comunidade activa na detección, prevención e loita contra a violencia de xénero.  

  Canción: PORTA VIOLETA

INICIATIVA ARCO

O noso centro foi seleccionado para participar na iniciativa ARCO o que supón dispoñer dunha mestra máis (no noso caso a media xornada) para reforzar ao alumnado de 4º a 6º de Educación Priamria que así o precisen. 

Mañá 17 de novembro de 2020 dará comezo este programa no noso centro.

Se queredes saber un pouco máis, podedes premer neste enlace.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Informamos que a Consellería de Educación publicou a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en en centros privados concertados no curso 2020/21 (código do procedemento ED330E).

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil).

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar non curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

-Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

-Alumnado matriculado en Educación Especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

* Presencialmente no centro en horario de 09:00  a 14:00h.

   BAIXO PREVIA CITA CHAMANDO AO TELÉFONO 981 292 235

* Prazo de presentación: do 14 ao 27 de novembro de 2020 ámbolos dous incluidos.

* ANEXO I e ANEXO II (premer no enlace).

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro. Contra as listaxes provisionais, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

 

 

NOVO HORARIO ENTRADAS E SAÍDAS 1 DE OUTUBRO

A partires do 1 de outubro e, unha vez rematado o período de adptación do alumnado de 3 anos, tal e como tiñamos planificado e comunicado nas distintas reunións do inicio de curso así coma tamén segundo publicacións anteriores na nosa páxina web, establecemos as seguintes franxas horarias de entrada e saída ao centro fóra do horario lectivo habitual:

  • De 11:00 a 11:10h
  • De 12:30 a 12:40h 

Nestas franxas permitirase que, 1 adulto, previa comunicación ao titor/a (Abalar) con antelación suficiente poida recoller ou entregar a un neno/a. 

Así mesmo, a partir do vindeiro xoves 1 de outubro pregamos a máxima puntualidade nas entradas e saídas e lembramos que os trámites de administración seguen a necesitar cita previa (solicitada por teléfono) á que só poderá acudir un adulto na cita establecida. 

Pregamos a vosa colaboración para que o noso centro sexa un espazo verdadeiramente protexido e seguro en cumprimento do protocolo establecido e as recomendacións vixentes das autoridades sanitarias.

Moitas grazas!!

O Equipo Directivo

29/09/2020

AVISO IMPORTANTE!!

A partir do vindeiro LUNS 14 de setembro, unha vez feita a consulta ao servizo de transporte así coma autoridades educativas e municipais, a porta de acceso ao centro sita en Ronda Camilo José Cela (entrada das escaleiras) SERÁ UTILIZADA ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE polo alumnado usuario do transporte escolar.

Sentimos as molestias que poida ocasionar ás familias esta medida pero responde a unha causa de forza maior para garantir a entrada segura do alumnado transportado que acode ao centro sen as súas familias e deben ser incorporados/as ás filas de entrada o antes posible e en condicións de seguridade.

As familias poden empregar as outras portas para acceder ao centro.Pregamos comprensión ante esta medida excepcional que busca a protección do alumnado transportado.

Queremos aproveitar para felicitar ao noso alumnado e as súas familias pola implicación e colaboración no cumprimento das normas que esta nova situación require.

Distribuir contido


by Dr. Radut