Skip to Content

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR 2020-2021

O prazo para solicitar o uso do  transpote escolar para o vindeiro curso 2020-2021 será do 22 ao 30 de xuño.

As solicitudes serán entregadas na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00h.

As listaxes provisionais de admitidos/as publicaranse no mes de setembro na páxina web do centro.

LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2020 - 2021

Non tendo recibido ningunha reclamación ás listaxes provisionais, estas pasan  a ser listaxes definitivas. 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

 

DEVOLUCIÓN FONDO DE LIBROS

 FONDO DE LIBROS – DEVOLUCIÓN DE LIBROS

As datas e horarios establecidos para a devolución dos libros que vos foron adxudicados polo fondo de libros para o curso 2019/2020 serán as seguintes:  

22 de xuño de 2020, de 9:00 a 10:30h: 4º A e 5º A

22 de xuño de 2020, de 10:45 a 12:15h: 4º B e 5º B

22 de xuño de 2020, de 12:30 a 14:00h: 4º C e 5º C

 

23 de xuño de 2020, de 9:00 a 10:30h: 3º A e 6º A

23 de xuño de 2020, de 10:45 a 12:15h: 3º B e 6º B

23 de xuño de 2020, de 12:30 a 14:00h: 6º C

 

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO:

  • Só se recollerán libros do Fondo. Para a devolución dos libros da ANPA deberedes seguir as súas instrucións.
  • A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo  a unha soa persoa. A recomendación xeral é  non acudir con menores salvo excepción xustificada.
  • A espera realizarase nos corredores mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións expostas.
  • Seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias que estean vixentes nesas datas (obrigatorio o uso de máscara de protección).
  • Permanecerase nas instalacións o tempo imprescindible para a entrega dos libros do alumnado.
  • Poderedes autorizar a outra persoa para que faga a devolución.

Lembrade que esta devolución é obrigatoria para poder percibir a axuda do Fondo Solidario do vindeiro curso 2020-2021.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

LISTAXE MATERIAL CURSO 2020-2021

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O novo horario de atención público sen necesidade de cita previa é o seguinte:

  • De LUNS a VENRES de 10:00 a 13:00h

As dúbidas referidas a trámites e presentación de documentación pódense  consultar telefónicamente.

Tfno.: 981 292 235  EXt.:1

RECOLLIDA DE MATERIAL ACTIVIDADES ANPA XANELA

INFORMACIÓN DA ANPA PARA A RECOLLIDA DE MATERIAS DAS ACTIVIDADES:

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2020 - 2021

Seguindo as instrucións recibidas a consulta da listaxe de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2020-2021 poderá realizarse das seguintes formas:

  • Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
  • Non presencial: a través da aplicación admisiónalumnado.

As solicitudes tramitidas en prazo consideranse:

  • 4º de Educación Infantil: admitidas todas as solicitudes.
  • 6º de Educación Infantil: non resultan admitidas por non existir vacante.
  • 1º de Educación Primaria: admitidas todas as solicitudes.
  • 3º de educación Primaria: admitidas todas as solicitudes.
  • 5º de educación Primaria: non resultan admitidas por non existir vacante.
  • 6º de educación Primaria: admitidas todas as solicitudes.

O prazo de reclamación á listaxe provisonal será de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación.

As solicitudes  fora de prazo serán enviadas á Inspección Educativa para a súa tramitación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut