Skip to Content

AVISO IMPORTANTE!!

A partir do vindeiro LUNS 14 de setembro, unha vez feita a consulta ao servizo de transporte así coma autoridades educativas e municipais, a porta de acceso ao centro sita en Ronda Camilo José Cela (entrada das escaleiras) SERÁ UTILIZADA ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE polo alumnado usuario do transporte escolar.

Sentimos as molestias que poida ocasionar ás familias esta medida pero responde a unha causa de forza maior para garantir a entrada segura do alumnado transportado que acode ao centro sen as súas familias e deben ser incorporados/as ás filas de entrada o antes posible e en condicións de seguridade.

As familias poden empregar as outras portas para acceder ao centro.Pregamos comprensión ante esta medida excepcional que busca a protección do alumnado transportado.

Queremos aproveitar para felicitar ao noso alumnado e as súas familias pola implicación e colaboración no cumprimento das normas que esta nova situación require.

COMEZO DO CURSO 2020-2021!!

Neste vídeo podedes ver todas as novidades de este curso escolar, premede na imaxe para visionalo:

INFORMACIÓNS VARIAS ANPA XANELA

Na páxina web da Anpa Xanela e nas súas redes sociais podedes atopar información do voso interese.

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Lembramos que, ante a situación excepcional deste ano, as familias deben ter unha actitude responsable para que os/as nenos/as non acudan á escola ante a sospeita da aparición de síntomas compatibles coa COVID19. Para iso a Consellería obriga a sinatura dunha declaración responsable por parte das familias e achega un documento para o cotexo dos posibles síntomas.

 

COMEZO DO CURSO 2020-2021!!

Bo día,

Mañá, día 10 de setembro, voltamos á escola, alomenos unha parte do alumando.

Solicitamos a lectura dos protocolos COVID que regularán o funcionamento e a organización do noso centro. 

Somos conscientes das vosas dúbidas e inquedanzas. O profesorado titor comunicouse con todos vós ao ao longo desta semana e temos planificadas as reunións coas familias por parte do profesorado titor do 14 ao 22 de setembro, é dicir, o antes posible. Sen embargo estamos pendentes de que as autoridades sanitarias permitan estas reunións, dado que a data de hoxe non son  posibles as reunións de máis de 10 persoas. Iremos informando sobre este asunto.

Para o inicio do curso lembrade, as instrucións comunicadas polo profesorado titor e as que as autoridades sanitarias establencen como obrigatorias para este curso escolar:

  • Uso de máscara obrigatori para o alumnado de Educación de Primaria e moi recomendable para o alumnado de Educación Infantil.
  • Respecto da sinalización e espazo reservado exclusivamente para o alumnado.
  • Como sabedes non se permite a entrada no edificio a ningún adulto sen cita previa, baixo ningunha circunstancia.
  • Lembramos ás familias que eviten as aglomeracións xa que incumpririamos a normativa vixente na nosa cidade (non agrupamentos de máis de 10 pesoas e manter a distancia de seguridade).

Este ano o cumprimento da puntualidade é especialmente importante, xa que en breve, estableceremos rutinas estrictas , establecidas no protocolo do centro, que farán que o centro permaneza pechado en harario lectivo, permitindo a entrada tan só de 11:00 a 11:15h,  para aquelas familias que tivesen asuntos familiares, citas médicas ou chegasen tarde, non sendo posible a entrada ou saída noutro momento que non sexa o establecido.

Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!!

 

AVISO IMPORTANTE!! ORGANIZACIÓN XOVES 10 E VENRES 11

Lembramos que, tal e como publicou a Consellería de Educación,  o comezo das clases  será cunha incorporación gradual do alumnado:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. 
  •  O venres 11 comezarán as clases  o alumnado de de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Así coma tamén o alumnado xa incorporado o día anterior. 

Agradecemos a vosa colaboración e axuda para que, dende o primeiro día, a organización funcione correctamente dada a importancia da situación excepcional que vivimos. 

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2020-2021

Prezadas familias,

Publicamos a organización das entradas e saídas no noso centro que terá como obxectivo principal evitar as aglomeracións e os tempos de espera nas entradas e saídas. 

O éxito deste plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas familias como por parte do profesorado así como o respecto aos espazos restrinxidos ao alumnado.

Horario de entradas e saídas:

Educación Infantil:

Entrada:

6º nivel de Educación Infantil: 9:00 horas.

5º nivel de Educación Infantil: 9:05 horas.

4º nivel de Educación Infantil: 9:10 horas. 

Saída:

6º nivel de Educación Infantil: 13:50 horas.

5º nivel de Educación Infantil: 13:45 horas.

4º nivel de Educación Infantil: 13:45 horas.

 

O espazo de entrada e saída de Educación Infantil foi acondicionado para evitar aglomeracións.

Este horario sufrirá variacións durante o período de adaptación que terá lugar durante o mes de setembro segundo a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021.

 

Educación Primaria:

1º nivel:

Entrada: 9:00 horas

Saída: 13:45

O primeiro día de clase o alumnado de 1º de Educación Primaria entrarán de últimos ás 9:15 horas.

 

2º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 13:50 horas.

 

3º e 4º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 14:00 horas.

 

5º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 13:55 horas.

 

6º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 14:00 horas.

 

Portas de entrada e saída:

Educación Infantil: porta de entrada ao espazo reservado de Educación Infantil (antigo soportal de entrada das filas).

Educación Primaria, niveis 1º e 2º: porta de entrada zona leste (comedor).

Educación Primaria, niveis 3º e 4º: porta de entrada zona oeste (salón de actos.

Educación Primaria, niveis 5º: entrada principal. Filas no patio de Infantil (zona próxima ao aparcadoiro)

Educación Primaria, nivel 6º: entrada principal. Filas no patio de Infantil (zona próxima á porta verde do mercado).

Distribuir contido


by Dr. Radut