Skip to Content

O NOSO RAP DA IGUALDADE!!!

O profesorado e alumnado do noso centro continúa a traballar na promoción de valores relacionados coa igualdade e a coeducación. Gozade coas nosas voces!!

 

LETRAS GALEGAS 2019!!

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano rinde homenaxe a  Antonio Fraguas Fraguas, xeógrafo e historiador. Premede na imaxe para ver as fotografías da celebración que tivo lugar no noso centro:

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A Consellería ven de publicar a Resolución do 12 de abril de 2019 (DOG do 3 de maio de 2019) polo que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/2019.

A avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria terá lugar o MARTES 28 e o MÉRCORES 29 de maio. Esta avaliación ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS 2019 - 2020

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do luns 20 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso. O prazo está aberto ata o VENRES 21 de XUÑO. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e CHAVE 365. Tamén pode presentarse na secretaría do centro no horario habitual.

 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE PINTORAS!!

Facemos entrega dos premios do noso Concurso de Mulleres Pintoras, organizado dentro do noso proxecto de centro: Tripulando a Igualdade. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou nesta marabillosa iniciativa.

TRANSPORTE ESCOLAR 2019 - 2020

Segundo a normativa vixente, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.

O prazo de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte durante o curso 2019-2020 estará aberto ENTRE O 2 DE MAIO E O 24 DE MAIO, ambos inclusive. Non se admitirán novas solicitudes fóra dese prazo. 

Circular informativa

Impreso de Solicitude

VISITA DO ESCRITOR ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE!!

Despois da lectura dos libros "Escaquis e Romeu" e "O Castañeiro de abril", recibimos a visita deste marabilloso escritor. 

                

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

A nosa seguridade é o primeiro!! Por iso traballamos, colaboramos e realizamos con éxito o simulacro de evacuación deste curso escolar.

           

LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2019 - 2020

A dirección do colexio fai públicas as LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis educativos, unha vez informado o Consello Escolar do centro en reunión ordinaria.

Poderá formularse reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013).

Distribuir contido


by Dr. Radut