Skip to Content

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. MEC 2023- 2024

 

Prezadas familias,

O mércores 26 de abril publicouse no BOE a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2023-2024.

O prazo de entrega no centro educativo das citadas bolsas vai dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023.

Novidade:  como novidade en relación cos cursos anteriores, introdúcese o subsidio de contía fixa de 400€ para gastos adicionais de carácter xeral, para o cal non se terá en conta o límite de renda establecido para as axudas. 

Na seguinte ligazón poden acceder a toda a información para proceder a solicitude das mesmas: 

Tramitar solicitude: prema aquí

Tamén se facilita o seguinte enderezo explicativo: prema aquí

 

De xurdir calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro educativo

 



paxina | by Dr. Radut