Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

 

No DOG do luns 20 de maio de publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.
A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00h e de 12:00 a 13:30h e os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as  sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.
PRAZOS e DATAS DE INTERESE:
Prazo máximo para a devolución dos libros de texto do curso 2023-2024: 21 de xuño de 2024.
Presentación de solicitudes: dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.



paxina | by Dr. Radut