Skip to Content

Zona Educativa

COMEZO DO 3º TRIMESTRE

Prezadas familias,

Agardamos que esteades ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento. Sabemos que está a ser duro pero tamén sabemos que o estades facendo moi ben e queremos pedirvos que continuedes así, con ánimo, con forza e con moita ilusión!!

Segundo as instrucións enviadas pola Consellería de Educación e o Servizo de Inspección Educativa na tarde de onte, o profesorado programou actividades de repaso ou reforzo para esta semana do 14 ao 17 de abril. Podedes acceder a estas tarefas a través da nosa AULA VIRTUAL  no apartado chamado 3º TRIMESTRE que aparece en cada curso.

 

Moitas grazas a nosa conserxe, Graciela, e as súas fillas por esta preciosa obra de arte!!

TODO SAIRÁ BEN!! #EUQUEDONACASA

AVISO IMPORTANTE COVD19

Prezadas familias,

Seguindo instrucións das autoridades educativas, pedimos que comuniquedes ao correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es os casos de afectados polo COVID19 da nosa comunidade educativa, a efectos de poder facer o seu seguimento por parte da Secretaría Xeral Técnica, Xefatura Territorial e Inspección Educativa.

Por favor, comunicade soamente o caso de POSITIVOS do COVID19.

Moitas grazas!!

Agardamos que tod@s esteades ben, é o noso maior desexo!!

Unha aperta forte e quedade na casa!!

PRÓXIMA APERTURA AULA VIRTUAL

Prezadas familias, 

Estamos a traballar na elaboración de contidos dixitais, enlaces, recursos, etc. para que, de xeito extraordinario, poidades empregar para continuar coa actividade educativa nas vosas casas ante a excepcionalidade do momento que estamos a vivir. 

Estes contidos estarán a vosa disposición próximamente  na Aula Virtual da nosa páxina web, organizadas por cursos ou ámbitos de aprendizaxe.

Pregamos comprensión e paciencia dado o grado de dispoñiblidade dos medios dos que dispoñemos nestes días.

Así mesmo queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e calma e a recomendación de que o noso alumnado permaneza nas súas casas. 

Unha aperta

TAREFAS #EUQUEDONACASA

Durante este tempo que estaremos sen asistir ao colexio, o alumnado debe manter un horario na casa para o traballo escolar. É importante non descoidar a lectura, será a gran aliada, pero tampouco podemos esquecer as tarefas concretas de cada materia ou ámbito de traballo. Para iso, o profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria porpón unha serie de actividades e tarefas, co fin de que esta parada non supoña un problema e academos no final de curso os contidos e competencias de cada nivel. Estas tarefas non teñen carácter avaliables senón que supoñen un traballo de reforzo.

Moito ánimo!! #euquedonacasa

ENTROIDO 2020!!

Este curso escolar estamos a traballar na temática do CINE, así que baixo este proxecto que vertebra este ano o noso centro, desfilamos na "GALA MARÍA PITA ENTROIDO 2020". Podedes ver as fotografías na Galería de Imaxes da nosa páxina web.

 

 

 

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2019-2020 MEC

Achegamos o enlace do Ministerio de Educación  e Formación Profesional (MEC) para cubrir as bolsas 2019 – 2020 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Premendo o enlace pódense comprobar os requisitos (límites de renda e patrimonio e necesidades que cubre), así como o tipo de bolsa e contía da mesma. As persoas que a desexen tramitar terán que informar ao centro antes do día 20 do presente mes, xa que dende a escola é preciso achegar un informe individual.

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

LISTAXES PROVISIONAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2019 - 2020

Publicamos as listaxes provisonais de transporte para o vindeiro curso escolar 2019 - 2020. O prazo de reclamación será do 3 de xullo ao 8 de xullo. As listaxes definitivas publicaranse en setembro, antes do inicio do período lectivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut