NOVIDADES

Tags:

Este mércores 14 e xoves 16, o noso comedor escolar participará nunhas xornadas enmarcadas dentro do proxecto EcoComedores.

Dito proxecto busca unha mellora no servizo dos comedores escolares, a través dunha alimentación saudable, basada nos seguintes valores fundamentais; incluir alimentos de tempada, de proximidade e sempre que sexa posible ecolóxicos.

A finalidade principal é a mellora da calidade dos menús escolares a través dunha educación alimentaria tanto dende o comedor escolar, como en todo o ámbito educativo. Pero tamén se busca a través do proxecto EcoComedores fomentar o contacto cos produtores da zona para unha mellora no desenrolo rural. Así como en liñas xerais axudar á mitigación do cambio climático.

Unha alimentación saudable é fundamental para gozar dunha boa saude e evitar enfermidades dende a etapa infantil. A base dunha boa alimentación debe estar formada por alimentos de orixe vexetal como as verduras e hortalizas, as froitas, as legumes e os cereais integrais. Así como incluir peixe, ovos, lácteos naturais e reducir o consumo de carne (especialmente carne vermella). Isto debe levarse a cabo tanto dende o ámbito familiar como educativo, nos centros escolares. Neste último caso a través dunha mellora no menú escolar, coa axuda de asesoramentos nutricionais e actividades para o alumnado. Cunha implicación activa de toda a comunidade educativa e persoas implicadas no proceso dende a dirección do centro e persoal encargado do comedor, o persoal de cociña e colaboradores, ANPAs, e profesionais da saude como os Dietistas – Nutricionistas. Seguindo o exemplo de outras GDR que xa implantaron dito proxecto dende fai uns anos, como a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

As estratexias levadas a cabo terán lugar nos municipios integrados no Grupo de Desenvolvemento Rural, Asociación Seitura 22. O ámbito preferente de actuación será nos Concellos das comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal, así como os concellos de Miño e Vilarmaior.

Nun primeiro momento comenzouse a traballar con 4 centros situados no concello de Valdoviño (CPI de Atios), de Cabanas (CEIP Eladia Mariño), de Ortigueira (CEIP José María Lage), e de Mañón (CEIP Francisco López Estrada). 

 

    

 

Tags:
13/12/2022
Europe/Madrid

               

 

 

Os centros escolares fomentan unha alimentación saudable tanto dende o comedor escolar como na parte educativa. Por iso, dende o centro proporcionase unha guía con diferentes alternativas saudables para incluir na inxesta de media mañán.

Cabe prestar especial atención a enorme variedade dentro dun grupo de alimentos, xa que nun mesmo grupo pode haber opcións mais ou menos saudables (Táboa 1).

A continuación indícanse diferentes alternativas saudables e variadas para os 5 días lectivos da semana:

 

 

DESCARGAR A GUÍA COMPLETA NO PDF ADXUNTO. 

Tags:
  • APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO COMEDOR ESCOLAR

          Está aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022 - 2023 

                       - ANEXO IV

                       - SOLICITUDE COLABORADORES

 

  • MODELO DE AUTODECLARACIÓN COMEDOR 

           Está á disposición de tódalas familias que solicitaron o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso, o Modelo de autodeclaración (ANEXO II) que poderán descargar nesta páxina.

                       - ANEXO II

 Deberán entregar este ANEXO II cumprimentado xunto coa acreditación do domicilio familiar mediante CERTIFICADO DO PADRÓN MUNICIPAL no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel, certificado que deberá ser expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

(Agradecería que me facilitasen tales documentos antes de rematar o mes de xullo, aínda que o prazo marcado pola Instrucción é antes do 7 de setembro de 2022)

Distribuir contido