Responder ó comentario

 

 

O CEIP Francisco López Estrada está situado en O Barqueiro, localidade que pertence ao concello de Mañon. 

Mañón é un municipio situado na parte oriental da comarca de Ortegal, na provincia da Coruña (Galicia). En plena costa da punta de Estaca de Bares, Mañón limita cos municipios coruñeses de Ortigueira e Pontes de García Rodríguez, e cos municipios lucenses de Muras, Ourol, e O Vicedo.

Este termo municipal forma unha estreita e longa franxa de terreo entre as provincias de Lugo e A Coruña, ocupando a vertente occidental do río Sor, que marca o límite entre ambas as entidades. A principal vía de comunicación é a estrada C-642, que arrinca en Xubia, ao fondo da ría de Ferrol, e percorre a costa norte galega ata Ribadeo.

 

Responder