O xoves celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz con diferentes actividades.
As nenas e nenos de infantil elaboramos unhas botellas con mensaxes que expresan que é paea nós a paz.
Despois celebramos este día co resto dos compañeiros e compañeiras do centro e tamén coas familias.
Primeiro pasamos por diferentes recunchos e practicamos distintos deportes como remo, handbike, loita e tiro con arco.
Despois tomamos un pouco de leite para coller forzas para a carreira. Primeiro correron os nenos e nenas de 3 anos, despois os de 4 e 5 anos e logo os compañeiros e compañeiras de Primaria.
Deseguido volvemos correr, pero esta vez coas familias.
A continuación tivo lugar a festa Holi. A cada un/unha déronnos unha bolsa con polvos holi de diferente cor e cando estabamos todos listo botamos os polvos ao aire, poñéndonos todos de cores. Que ben o pasamos!!!
E por último bailamos a coreografía da canción que bailamos o día 25 de novembro contra a violencia de Xénero.
Foi un día moi divertido, onde o pasamos xenial!!!!!
E así rematamos o Día da Paz.