Iniciar sesión: Acceso

SEMANA CURTA PERO INTENSA

Ola familias!!

Despois destes tres días de lecer para celebrar o Entroido voltamos ao cole cheos de enerxía e nerviosos polo que nos agardaba esta semana tan curta.

O xoves fomos de excursión ao Planetario en A Coruña. A pesar dalgún imprevisto que se solvetou sen problema, desfrutamos moito de todo o que nos contou a mestra Cloe. Canto aprendimos!! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde recollemos algún momentos deste día.

O venres na asemblea falamos da excursión e do que máis nos gustou. Despois fixemos unha actividade de lectorescritura onde tiñamos que ponerlle nome ao planetas. Tivemos que estar moi atentos, lembrar o seu nome e atopalo nunha lista que estaba desordeada (a emstra  é moi pilla e nos pon pequenos retos) Guiño Como seguimos avanzando neste aspecto e na conciencia fonolóxica. Pero tamén contamos os planetas para poñer o número.

Tamén puidemos levar para a casa os noos corazón que elaboramos antes de ir de minivacacións. Previamente falamos do que é o amor e que neste día non só ten que ver con querer a unha parella, senón tamén aos amigos, primos, tíos, mascotas... Despois cada un/unha dixo a quen quería moito e puxeron as súa pegadas e lle demos nome. Quedaron preciosos!!

E para rematar a semana contamos con dúas novas familias para pasar un ratiño divertido con nós cos xogos de mesa. Nesta ocasión os peques de 3 anos xogaron a Little Family no que tiñan que atopar as parellas dos animais e a La oruga Arcoiris, na que tiñan que conseguir formar a eiruga, pero tendo en conta o que dicía o dado. Tamén puidemos desfrutar deste ratiño ca profe Ana!!

Os peques de 4 anos xogaron a Lucky Jirafa no que tiñan que ir formando o pescozo da xirafa e ao rematar a que tivera o pescozo máis longo era a gañadora, e a Atención a los monstruos, un xogo de cartas no que había que ser moi pillo para pode rlevar o maior número de cartas posible tendo en conta as características dos monstruos.

E os peques de 5 anos xogaron ao UNO, un xogo de atención, identificación de números e de estraxeia para ser o primeiro/a en quedar sen cartas; e a Burning Bakery, xogos sobre os sentidos no que hai que fixarse moi ben para relacionar imxes co sentido correcto.

Con todos estos xogos, ademais de desfrutar en familia e cos nosos compañeiros/as traballamos a atención, o control inhibitorio, o conteo, as estratexias e o respecto polas regras dos xogos, ademais de moitas outras funcións executivas.

Moitas grazas por vir familias!!!!