Iniciar sesión: Acceso

CELEBRAMOS O SAMAÍN

   O venres celebramos o Samaín realizando diferentes obradoiros:

   - Cociña: fixemos torradas terroríficas con diferentes alimentos como salsa de tomate, aguacate, pipas, queixo...

   - Contacontos de medo: a profe Andrea contounos unha historia terrorífica coa que puidemos coñecer diferentes monstruos.

   - Ciencia terrorífica: con diferentes elementos logramos que unha pantasma "vomitara" escuma de cores.

   - Manualidade: nun cartón reciclado que decoramos de diferentes cores, tea de araña ee lementos de Samaín, preparamos unha marco de fotos para poder poñer as fotos que sacamos días antes no Photocall. Quedaron xenial!!!!!

   Despois participamos no concurso de baile e o fixemos tan ben que cada clase, a de 3 anos e a de 4 e 5 anos, levamos un premio: un conto de Samaín.

   Foi un día terrorificamente divertido!!!