Esta semana tiveron lugar actividades moi diversas:
O luns acudimos á biblioteca do cole para coñecer os cambios que se están a producir nela e para saber como temos que facer uso dela grazas á profe Andrea. Ademais regamos as nosas leitugas e limos un conto, Con Tango somos tres, unha fermosa historia de dous pingüinos.
O martes acudimos ao Auditorio de Ferrol a ver unha obra de teatro. Estivo xenial!!
O mércores subimos á aula Steam para facer un experimento coa profe Lidia sobre as huellas dactilares.
Ademais esta semana comezamos co proxecto do mundo mariño e vimos por primeira vez aos aquadragons. Nas videiras semanas coñeceremos moitas máis cousas sobre o mundo no fondo do mar.