Iniciar sesión: Acceso

COPOS DE NEVE

   Hoxe como primeira actividade de arte deste segundo trimestre fixemos copos de neve sorpresa. Para iso primeiro pegamos cinta adhesiva formando a figura dun copo de neve nunha cartulina de cor branca, que despois pintamos toda de cor azul. Agora temos que agardar a que seque para poder quitar a cinta. Cal será o resultado? Pronto o saberemos.