Iniciar sesión: Acceso

NAVEGANDO POLO MUNDO

NAVEGANDO POLO MUNDO

Estas últimas semanas imos facer un pequeno proxecto sobre Magallanes, tema que estivemos traballando ao longo deste curso.


“Navegando polo Mundo” é un proxecto moi completo e no que se traballan moitas áreas e competencias. Un traballo no que aprenderán, se divertirán, imaxinarán, crearán, colaboraredes en familia… unha maneira fantástica de rematar este curso tan extraño!


Consta de 2 partes:

  • A primeira son actividades variadas sobre a viaxe de Magallanes. Nesta, cada alumno/a fará as actividades máis indicadas ao seu nivel (xa que hai actividades tanto para pequenos como para maiores), podedes ir escollendo as que vos parecen.

 

  • A segunda parte é o proxecto en sí. Cada neno/a fará a súa propia viaxe, onde terá que escoller un país que visitar e facer unha serie de actividades moi divertidas. Esta parte é para todos/as, cada un segundo as súas posibilidades (escribindo, debuxando, con máis ou menos axuda, etc.).

PÓDESE RECOLLER UNHA COPIA IMPRESA NO CENTRO


O traballo está programado para facelo nunha quincena aproximadamente. Entregarase no centro o día que se vaia recoller o material e a despedirnos. O día está por determinar.
Para o vindeiro curso, faremos unha exposición dos traballos realizados de cada alumno/a e faremos postas en común dos productos finais deste proxecto.
Poñédelle moitas ganas e veredes que cousas máis chulas saen de aquí!