Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

PÁXINA WEB

    Ola!!

   Deixo unha páxina web de interese que permite repasar contidos de lóxica- matemática, lecto- escritura...

   http://www.pipoclub.com/

   Un bico enorme!!   

   

SUXERENCIA DE ACTIVIDADES

    Ola peques!!!

   Como estades? Hoxe diríxome a vós porque estou segura de que estades sendo unhas campionas e uns campións e vos estades portando moi ben, axudando na casa en todo o que podedes e pasando divertidos momentos coas vosas familias.

   Eu bótovos moito de menos e cando todo isto pase imos darnos un super abrazo todos xuntos, como eses que nos damos tódolos días pola mañá antes da asemblea.

   Hoxe propoño dúas actividades divertidas:

   1- Colares, podemos facelos con pasta ou con calquera outro material que teñades na casa, e podemos seguir un patrón, como se fose unha serie.

   

   2- Yoga, para relaxarnos mentres facemos un pouco de deporte. Deixo dous vídeos a modo de exemplo.

  Son suxerencias para poder pasar estes días na casa dunha forma máis levadeira.

  Un bico.

  

HORARIO

   Ola familias!!!

   Nesta publicación amósovos un horario que se pode ter na casa durantes estes días para manter na medida do posible as rutinas diarias. Incluso se pode elaborar coas nenas e nenos para facelos máis partícipes, adaptándoo cada familia ao seu fogar.

   Adxunto o documento.

   Dádelle un bico enorme da miña parte aos peques.

   Rocío.

   

PROPOSTA DE TAREFAS

    Ola familias!!!

   Como están levando os peques esta situación? E vos?

   Durante estes días de confinamento na casa vou ir publicando unha serie de actividades ou recursos que considero poden facer máis levadeiro todo isto, ademais de respasar aspectos traballados na aula.

   Hoxe propóñovos un material moi interesante que circula polas redes e que lle da un protagonismo a tódolas nenas e nenos neste momento, no que teñen que cubrir un papel coas tarefas que fan na casa durante estes días, ademais dun debuxo.

   Tamén vos recomendo o bingo, un xogo que permite traballar a identificación dos números e formas xeométricas.

                        

                                                      

 

     Adxunto ambos documentos.

   Moito ánimo!!

   Un forte abrazo!!

   Rocío

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O PERÍODO DE ESTANCIA NA CASA

    Queridas familias, 

   Sei que son unhas datas difíciles debido á situación que estamos a vivir nestes momentos polo coronavirus e que nos agardan unhas semanas complicadas e de incertidume.

   Nesta publicación adxunto uns documentos con tarefas que se poden levar a cabo na casa durante estes días, un para cada nivel de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).

   Lémbrovos que tedes á vosa disposición o correo de Educación infantil, pequesalaxe@gmail.com, para todo o que vos faga falta.

   Moito ánimo e espero que nos poidamos ver de novo moi pronto.

   Un forte abrazo, 

   Rocío.

Distribuir contido