¡BUENOS DÍAS!!!
Ola que tal!!
Hoxe deixovos unha actividade de ESCRITURA CREATIVA.
Imos a facer TAUTOGRAMAS. Os tautogramas son pequenos textos ou poemas onde todas as palabras comezan pola mesma letra, adxunto algún exemplo, para que collades ideas.
Podedes facer un pequeno caderno, ou si xa tedes decoralo, decorar a portada,personalizalo..porque vai ser único, vai ser o voso caderno especial de tautogramas.Pois esta actividade non temos porque dala por rematada en dous días...senón que pode ser unha actividade de verán...e escribir nel tautogramas cada vez que se me ocorra..con temáticas de cousas que faga en vacacións...incluso con ideas de amig@s,familiares...a temática pode ser a que se vos ocorra: aventuras,froitas,soños,emocións,amigos,a familia,a praia, o campo, os animais,a nosa mascota,....e a cada tautograma podo acompañalo cun pequeno debuxo..que vos parece?
Seguro que tedes ideas fantasticas...daquela compartide os vosos tautogramas con tod@s nos muros que tedes no Blog...
Vou comezar co meu.....
1000 bicos .Marina
UN POQUITO MÁS DIFÍCIL TODAVÍA:
¡¡¡ BUEN FIN DE SEMANA!!!!
Moi bo día!! Cómo estades e cómo vades??
Hoxe en Lingua vouvos propoñer unha ACTIVIDADE DE CREACIÓN, que se chama "ARRIMAR OS LOMBOS", que vin en Aulas galegas.
Consiste en crear poesía mediante os lombos dos libros...sinxelo verdade?.Buscade libros que teñades e creade un poema cos seus títulos, non importa se están en galego ou castelán, ideos poñendoos uns enriba de outros e buscádelle o xeito, unha vez colocados sacadelle foto ou video e subidea os muros do BLOG, deste xeito compartimolas con tod@s.
Seguro que saen auténticas creacións.
Deíxovos imaxes para que vexades os pasos e un exemplo que fixen eu con libros que tiña pola casa.
Veña arrimade os lombos!!!
Moi bo día!!
Imos rematar a semana cunha lectura chamada A TODO TREN onde o tren con destino a Santiago, vai facer a súa entrada, e o maquinista Antón non aparece por ningures...que sucederá??
Logo faredes o comentario da lectura de xeito ORAL preguntades e respostades vos mesmos. vale?
Adxunto fotos disto e tamén as soluccións das actividades do luns para que corrixades.
Boa fin de semana e ata luns.
Marina.
Ola, bo día!
Esta semana en lingua imos ver OS VERBOS REMATADOS EN -VER e -BER
Na páxina 166- 167, leremos o primeiro exercicio e logo faremos ( 2-3-4-5-6-7), que son moi sinxelos!
Facemos unha manualidade?, pois botádelle unha ollada OS POEMAS EN COLLAGE, na páxina 169. Demostrade toda a vosa creatividade, creando un poema con recortes de xornais, de revistas, debuxos, fotografias, teas de cores...e todo o que se vos ocorra...para pasar un rato entretido....
Adxunto foto de todo isto e tamén as correccións do xoves.
Deica xoves.
Marina.
Ola, moi bo día!!
Hoxe en lingua imos traballar gramática: O VERBO, que son aquelas palabras que din o que facemos, recordades? e tres formas verbais: pasado,(acción que xa ocorreu) presente (algo que estamos a facer agora) e futuro, ( o que vai pasar)....Daquela na páxina 164 leredes o exercicio 1, e logo faredes os exercicios 3-4 e 5 para practicar.
Tedes ata luns para facelo, adxunto estas páxinas e as respostas da lectura oral do luns.
Unha aperta. Marina.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |