Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Localización

Localización

Situación do colexio

Ver o mapa máis grande

 (Para máis información sobre como chegar, visitade o seguinte enlace de google maps)

O Concello de Outeiro de Rei pertence á provincia e diocese de Lugo; integrado no conxunto da unidade xeográfica coñecida como A Terra Cha lucense, sitúase a 11 km da capital provincial. Limita polo Norte cos Concellos de Begonte, Cospeito e Rábade; polo Leste, co de Castro de Rei; polo Sur, co de Lugo e polo Oeste, co Concello de Friol.

Forma parte da comarca de Lugo e da "Mancomunidade de Municipios da Terra Cha" na que se inclúen ademais os municipios de Abadín, Castro de Rei, Pastoriza e Cospeito.

Imagen Mapa

Xeograficamente está situado a 43º05’7’’ de latitude Norte e a 7º36’7’’ de lonxitude Oeste, sendo a súa extensión, de 134 km2.

Conta con con 4936 habitantes, 2544 homes e 2392 mulleres, distribuídos nas 166 aldeas nas que se organizan as 27 parroquias que compoñen o Concello (datos referidos á última revisión do Padrón do 1/01/10).

Información extraída da páxina web do concello de Outeiro de Rei.