Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

1º e 2º de primaria

Manuel María

O pasado 27 de febreiro celebrouse, na Casa-Museo Manuel María, o certame "Rosalía sempre viva". Neste acto, participaron algúns nenos e nenas de primeiro de primaria, acadando unha das mencións honoríficas do certame, co recitado do poema de Manuel María: A Lúa. Noraboa a todos os participantes e as súas familias pola colaboración.

DÍA DO LIBRO CON TOÑO NÚÑEZ

O escritor Toño Núñez pasou unha xornada no noso cole .Foi un Día do Libro moi divertido e ameno.Os nenos e nenas do 1º Ciclo coñeceron os seus libros e escoitaron abraiados as rimas que compuxo cós nomes de cada un deles.

MAGOSTO

Os nenos e nenas do 1º  Ciclo celebraron O Magosto xogando ao dominó de froitos do outono,feito polo alumnado de 1º e 2º do pasado curso.Tamén comeron castañas asadas que estaban boísimas e compartiron xogos no patio do colexio.