5º e 6º de primaria

Os alumnos de 5º e 6º realizaron unha andaina ata Santa Isabel cos enfermos de alzheimer do xeriátrico, todos desfrutaron con esta bonita iniciativa.

 

Curso 2018-19

O venres pasado, día 5 de outubro (San Froilán), o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha andaina ata Santa Isabel con maiores con Alzheimer do Xeriátrico.

Foi unha experiencia moi bonita e tenra; os cativos compartiron o camiño cos maiores, axudándolles, escoitándolles, acompañándolles... e a cambio recibiron moitos bicos, apertas, sorrisos e un grande agradecemento por parte dos maiores.

Con un pouquiño de retraso, eso si, pero con moita ternura e nostalxia colgo este video que foi confeccionado con moitas risas e diversión nos recreos para que sirva de recordo dos momentos pasados nas nosas clases de inglés. I'll NEVER forget you!!

 

 Pincha na foto para ver o vídeo

 

 

Os alumnos de 5º de Primaria están a participar na Escola de Prensa do diario El Progreso. É un proxecto dirixido a fomentar o coñecemento da prensa e dos medios de comunicación que consistirá en elaborar durante todo o curso un xornal de 32 páxinas que incluirá tanto noticias da escola coma reportaxes ou entrevistas de interese.

Deixámosvos o video de presentación que fixemos.

 

O día 7 de maio os nenos de quinto de primaria foron de excursión a Santiago de Compostela. Unha visita que tiña como principal obxectivo coñecer o Parlamento de Galicia, o seu funcionamento e a súa importancia na nosa sociedade.

 

 

 

 

 Antes de dar comezo á visita ao Parlamento, estiramos un pouco as pernas camiñando pola parte nova de Santiago. Alí atopamos unha curiosa coincidencia. Unha das rúas da cidade ten o mesmo nome que o colexio, Laverde Ruíz, así que sacamos unha foto para recordalo.  

 

 

 

 No parlamento visitamos as principais estancias e percorremos o edificio  en silencio para non molestar aos deputados, que estaban debatendo no Pleno. Ademáis grazas a un vídeo muy ameno aprendimos moitas cousas do seu funcionamento. Para sorpresa de todos puidemos acudir un ratiño á sesión do Pleno. Unha visita moi completa que rematou cun regalo en forma de libro para cada un.

 

 

 

 Despois da visita ao Parlamento xa chegou a hora de xantar, así que puxémonos a camiñar ata o Parque da Alameda, onde nos esperaba un bocadillo ben rico e sobre todo sol e tempo de lecer. 

 


 

 

 Alí os rapaces coñeceron ás famosas Marías e non quixeron virse sen inmortalizar ese momento. Elas, que teñen moita paciencia, aturaron moi ben o  peso da fama e as súas labores.

 

 

 

 Para descansar un ratiño de tanta camiñata sentámonos nas escaleiras de Platerías, onde os rapaces quedaron moi abraiados coas xoias expostas nas tendas. E de ahí fomos directos ao autobús, que o día foi intenso e xa ía sendo hora de regresar. Unha excursión didáctica, entretida e agradable a partes iguais.

 

 

 

Enlace ás fotos en Picasa.

Chegaron ao seu fin as  ligas de tenis de mesa e bádminton para 5º e 6º de Primaria. Os resultados foron os seguintes:

Tenis de mesa 6º Primaria

Bádminton 6º Primaria

Tenis de mesa 5º Primaria

Bádminton 5º Primaria

 

Distribuir contido