Ao longo destas semanas estamos a realizar un taller de teatro cunha das liñas de sexto.
Dende a dinamización da convivencia vemos esta iniciativa como unha forma para traballar e previr posibles problemáticas que poidan xurdir. Consideramos que o teatro é unha ferramenta útil onde poder adquirir e fomentar habilidades sociais saudables.
Animámosvos a que votedes unha ollada á súa páxina web e apreciedes as múltiples formas de traballar na construción persoal e social.
http://www.maisqueteatro.es/
Anexamos os contidos máis especificos que se están a traballar no taller de sexto por se poden ser do voso interese.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Ola a tod@s! Aquí vos presentamos un novo recuncho do noso cole. Tanto no pavillón de infantil como no de primaria disporán @s nos@s nen@s deste lugar para poder resolver pequenos conflitos que se poidan dar nas zonas de recreo.
Cun pequeno cartel que indica o "CAMIÑO DA AMIZADE": escoita, fala, pide perdón, sorrí e volve a empezar; pretendemos fomentar unha mellor convivencia no centro.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Aquí vos deixamos un breve resumo cos resultados da enquisa realizada ás familias sobre a escola de pais e nais do noso centro.
Un saúdo e moitas grazas pola vosa participación.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |