Curso 2018-19
O venres pasado, día 5 de outubro (San Froilán), o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha andaina ata Santa Isabel con maiores con Alzheimer do Xeriátrico.
Foi unha experiencia moi bonita e tenra; os cativos compartiron o camiño cos maiores, axudándolles, escoitándolles, acompañándolles... e a cambio recibiron moitos bicos, apertas, sorrisos e un grande agradecemento por parte dos maiores.