Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

A. Complementarias e extraescolares

Excursión a Sobrado dos Monxes.

O pasado día 15 de novembro de 2013 os rapaces do terceiro ciclo fixeron unha excursión a Sobrado dos Monxes e San Paio de Narla.

Os nenos xa tiñan fame e tomaron o bocadillo con moito entusiasmo.

 

 

O claustro foi un dos espazos que máis lles gustou.

En Sobrado dos Monxes atendeunos moi amablemente un monxe chamado Don Pepe, que nos fixo unha visita guiada mostrando todos os recunchos do mosteiro.

Unha das salas máis bonitas do mosteiro.

Os interiores eran algo sobrios pero sorprendéronnos igualmente.

Despois da visita ao mosteiro chegamos a San Paio de Narla. Os nenos xa ían algo cansos pero mostráronse moi entusiasmados coa visita.

A guía introduciunos a visita cunha lenda da zona e un debuxo que a representaba.

 As dependencias da fortaleza están moi bien restauradas.

Foi unha mañá moi ben aproveitada e os nenos disfrutaron moito das visitas. Esperemos que a próxima excursión resulte igual de interesante.

Quiniela "Quen é quen?"

Quiniela "Quen é quen?"

 

A actividade "Quen é quen" realizada este Nadal contou cunha gran participación e entusiasmo por parte do alumnado. Desafortunadamente non houbo ningún gañador pois o certo é que non o puxemos nada fácil. Esperamos que o pasásedes moi ben intentando identificar a cada un dos mestres e agradecemos moito todo o interese que puxestes. Moito ánimo e sorte para próximas edicións.