Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

A. Complementarias e extraescolares

Lipdub CEIP Laverde Ruiz

Para finalizar este curso escolar 2013/2014, a comunidade educativa do CEIP Laverde Ruiz realizou este vídeo feito ENTRE TOD@S e PARA TOD@S. Esperemos que vos guste.

 

Excursión a Santiago de Compostela.

O día 7 de maio os nenos de quinto de primaria foron de excursión a Santiago de Compostela. Unha visita que tiña como principal obxectivo coñecer o Parlamento de Galicia, o seu funcionamento e a súa importancia na nosa sociedade.

 

 

 

 

 Antes de dar comezo á visita ao Parlamento, estiramos un pouco as pernas camiñando pola parte nova de Santiago. Alí atopamos unha curiosa coincidencia. Unha das rúas da cidade ten o mesmo nome que o colexio, Laverde Ruíz, así que sacamos unha foto para recordalo.  

 

 

 

 No parlamento visitamos as principais estancias e percorremos o edificio  en silencio para non molestar aos deputados, que estaban debatendo no Pleno. Ademáis grazas a un vídeo muy ameno aprendimos moitas cousas do seu funcionamento. Para sorpresa de todos puidemos acudir un ratiño á sesión do Pleno. Unha visita moi completa que rematou cun regalo en forma de libro para cada un.

 

 

 

 Despois da visita ao Parlamento xa chegou a hora de xantar, así que puxémonos a camiñar ata o Parque da Alameda, onde nos esperaba un bocadillo ben rico e sobre todo sol e tempo de lecer. 

 


 

 

 Alí os rapaces coñeceron ás famosas Marías e non quixeron virse sen inmortalizar ese momento. Elas, que teñen moita paciencia, aturaron moi ben o  peso da fama e as súas labores.

 

 

 

 Para descansar un ratiño de tanta camiñata sentámonos nas escaleiras de Platerías, onde os rapaces quedaron moi abraiados coas xoias expostas nas tendas. E de ahí fomos directos ao autobús, que o día foi intenso e xa ía sendo hora de regresar. Unha excursión didáctica, entretida e agradable a partes iguais.

 

 

 

Enlace ás fotos en Picasa.

XXIII edición dos xogos da Mancomunidade da Terra Chá

O sábado 10 de maio de 2014 celebrouse en A Pastoriza a XXIII edición dos xogos da Mancomunidade. O concello de Outeiro de Rei participou en todas as disciplinas (fútbol sala, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e atletismo) cun grande éxito. Destacar o bo ambiente e a deportividade que reinou durante toda a xornada deportiva.

Fútbol Sala.

Baloncesto.

Tenis de mesa.

Atletismo.

Xadrez.

Participantes Outeiro de Rei.

 

Visita multicultural a Lugo.

O pasado 21 de marzo os nenos e nenas do terceiro ciclo disfrutaron dunha visita multicultural a Lugo. O primero destino foi "O Progreso". Aínda que as máquinas xa non estaban en funcionamento, alí os rapaces descubriron como se produce o diario e a gran cantidade de tecnoloxía que é necesaria para crear cada unha das edicións.

 

Os rapaces estiveron moi atentos a todas as explicacións.

 

O tamaño das máquinas espertou a curiosidade dos estudantes. 

 

O seguinte destino foi o "Centro de interpretación da muralla de Lugo". Grazas aos medios audiovisuais e a explicación das guías, os nenos descubriron moitos feitos e anécdotas relacionadas coa muralla de Lugo e a súa contorna.

As vitrinas gardaban auténticas pezas arqueolóxicas que axudan a entender a historia da muralla.

O Arquivo Histórico foi a última visita programada. A pesar do cansancio acumulado os nenos disfrutaron especialmente dunhas explicacións moi amenas e ben organizadas. Dende aquí dámoslles as grazas ás guías que tan ben se portaron connosco.

A manipulación en directo de documentos antigos non deixou indiferente aos rapaces. 

Maxia no CEIP Laverde Ruíz.

 

Onte, día 25 de marzo, tivemos o pracer de contar co espectáculo de maxia "Abrapalabra". Os nenos de infantil e primeiro ciclo disfrutaron duns sorprendentes trucos de maxia que despertaron o interés e o sorriso dos pequenos. Moitas grazas por traer ao colexio unha mañá de maxia e ilusión.

Visita do Clube Baloncesto Breogán

Os nenos e nenas do colexio puideron desfrutar durante esta mañá de entroido da presenza de varios xogadores e parte do corpo técnico do CB Breogán. Os Palsson, McGee, Roland, Alex, Charles, Belén e Marcos fixeron as delicias de todos os presentes no pavillón municipal de Outeiro.

Se queredes ver todas as fotos, picade no balón.

Entroido 2014

Un ano máis celebrouse o entroido no CEIP Laverde Ruíz. Os nenos disfrazáronse de diferentes motivos e sobre todo o pasaron moi ben. Ademais amenizáronnos a xornada cun estupendo baile zombie terroríficamente bo. Para os que non puideron acudir ou simplemente para os que queren lembralo, aquí deixámosvos un vídeo. Que o desfrutedes! 

O Magosto

No colexio celebramos o Magosto cunha serie de actividades ao aire libre. Entre elas destacaron unha serie de xogos elaborados polos propios nenos e tamén comimos castañas, que por certo, estaban moi boas.

Un dominó con froitas? Pois sí.

Os nenos atenden ao xogo coa máxima concentración. Quen gañará?

Visita á residencia Carlos IV

Os nenos e nenas de segundo ciclo visitaron a residencia Carlos IV. Alí representaron unha obra de teatro e tamén cantaron unha panxoliña. Ademáis levaban unhas postais de nadal creadas por eles memos  para entregar aos residentes que as recolleron con moita ilusión. A súa vez os nenos tamén recibiron uns agasallos mentres falaban e coñecían un pouco mellor aos anfitrións. Foi unha visita moi agradable e xa nos tarda volver o ano que ben.

Os nenos representan unha obra de teatro baseada no Nadal.

Tamén cantan unha panxoliña.

Celebración día da paz

 

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no colexio o día da paz. Os nenos participaron na representación dunha pomba como símbolo dos valores que se transmiten no colexio non só ese día, se non tamén o resto do ano.