Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

EDLG

DÍA DO LIBRO

 

Bo día chic@s!!!!

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, propoñemos esta actividade para celebrar o Día do Libro.

 

O alumnado de 1º e 2º curso colgarán as súas aportacións no blog de 1ºA (Mónica), o alumnado de 3º e 4º curso farano no blog de 4º A (Irene) e o alumnado de 5º e 6º curso no blog de 6º B (Cristina).

 

Animádevos a participar!!!!

 

Moitas grazas!!!

 

Muxicas 2019

Aqui tedes a Revista dixital de Muxicas 2019.

Este ano foi adicado a Antón Fraguas Fraguas.

Esperamos que sexa do voso agrado.

Unha aperta e feliz verán para todos/as.

Muxicas 2019

Revista Muxicas 2018!!!

Aquí presentamos o número 32 da nosa revista Muxicas!

 

 

O alumnado de 5º de Primaria gaña o concurso Escola de Prensa El Progreso

O alumnado de 5º de Primaria foi premiado como mellor traballo na I Escola de Prensa organizada polo diario El Progreso dentro da etapa de Educacion Primaria.

Os rapaces fixeron un traballo excepcional durante todo o ano, diseñando, seleccionando e redactando os contidos para facer un diario de 32 páxinas, exactamente igual que un real. O xurado considerou que o seu traballo era de moi alta calidade e gran detalle, xunto co do Ceip Monseivane de Vilalba, polo que o premio é compartido entrámbalas escolas.

No plano individual, Antía Baamonde, Andrea Mayo, Pedro Fernández e Noa López foron premiados como mellor artigo de opinión, nun texto no que discutían sobre a idoneidade de implantar o uniforme escolar no centro.

A entrega dos premios celebrarase o martes 20 de xuño nas instalacións do diario El Progreso, onde os alumnos poderán ver como o seu diario é imprimido na rotativa, coma un real. O centro recibirá 300 exemplares que serán distribuídos entre todo o alumnado da escola. O xoves 22 o diario lucense publicará un suplemento onde aparecerán as fotos e a información da entrega de premios.

Desde o centro non nos queda máis que felicitar os alumnos de 5º polo seu traballo, esforzo e a cantidade de tempo empregada na elaboración deste gran proxecto

 

Noraboa a todos¡¡¡

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/716448/perdouro-monseivane-laverd...

 

Día do Libro 2017

Este ano conmemoramos o Día do Libro eleborando un libro moi orixinal repleto de lendas creadas polos nosos alumnos.

 

Camiñando entre libros cos nenos de 3º de primaria!

Ó longo desde curso o alumnado de 3º de primaria está a traballar, entre outras, as competencias  lingüística, cultural e artística, de tratamento da información e de aprender a aprender por medio dun proxecto que se adica a reavivar a bilbioteca do centro por medio da confección de libros nos que plasman o froito do traballo diario.

Entre os traballos que realizan podemos atopar un libro de receitas moi orixinal.

Tamén elaboraron un libro adicado ó coñecemento de árbores da nosa contorna.

Uns dos traballos máis destacables é un libro de debuxo que ten como tema a lenda da "Maruxaina", que traballaron como parte do proxecto anual de centro "Lendas Galegas" promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Biblioteca do noso centro. Realizaron un traballo artístico e de investigación que agora gostan de compartir co resto da comunidade educativa.

 

 

Samaín!

Este ano conmemoramos o Samaín  cunha actividade  de animación levada a cabo pola asociación LUGDUNUM. Foi una actividade dirixida ó alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, coa que se achegaron ó  Samaín como tradición de orixe celta en Galicia.

 Nas aulas traballáronse ademais a diversas lendas como a do  lobishome, as mouras e mouros, as meigas, os trasgos... Elaboráronse murais para decorar os corredores en relación coas lendas traballadas e decoráronse tarxetas conmemorativas.

Día das Bibliotecas!

Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega, temos como proxecto central a aproximación as lendas galegas. Por iso irémonos achegando a elas ó longo do ano a través das distintas conmemoracións.

 

O venres 21 conmemoramos o Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Sorisco, o Trasgo Comecastañas de Álvaro Cunqueiro.

Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e decoramos uns pins conmemorativos deste día.

Mostrando BeFunky Collage.png

 

Revista Muxicas 2016, nº 30!

Chega o final dun ano académico emocionante e unha revista na que ollalo!