Curso 17 - 18

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

 

Esta mañá, un grupo de alumnas e alumnos do CEIP Isaac Peral visitou as instalacións da Policía Local dentro do programa "Camiños escolares seguros".

Ademais de pasalo moi ben, recibiron formación en educación viaria e seguridade.

prema na imaxe

 

Hector Cajaraville visita o noso centro

       
     
   

O pasado mércores 14 de marzo, visitounos Héctor Cajaraville escritor do libro "Quen dá a quenda?, obra finalista do premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

Máis información, premendo na imaxe 

 
 

O NOSO ALUMNADO RECIBE CLASES DE XADREZ

       
                                 
    

No noso centro o alumnado de 6º de Infantil ata 3º de Educación Primaria, recibe as súas clases de xadrez

Queredes saber as súas ventaxes? Premer na imaxe

 
 

MÓNICA RODRÍGUEZ VISITA O NOSO CENTRO

    

O venres, 9 de marzo, acompañounos Mónica Rodríguez, escritora de Literatura Infantil e Xuvenil. A escritoras veunos a falar do seu libro "Alma y la isla"...

Máis información, premendo na imaxe


DÍA DE ROSALÍA 2018

             
       
   

 Na semana do 19 ao 23 de febreiro os alumnos e alumnas do colexio, traballamos nas nosas aulas a vida e obra da escritora máis representativa das nosas letras, Rosalía de Castro.

Seguindo o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro, no que invita a toda a comunidade educativa a "Abrir as fiestras", confeccionamos unhas belas e orixinais postais.

Máis información, premendo na imaxe

   

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2018

         
    ENTROIDO 2018
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Xa está publicado a nova sobre a celebración do entrodi: mandados, festa do entroido, degostación de produtos típios, imaxes...

Máis información premendo na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

ENTRADA DÍA DA PAZ 2018

   
Máis información  premendo na imaxe
 

CELEBRACIÓN DA PAZ 2018

         
   
 

 

 

O martes celebramos no cole o día da Paz. Todos xuntos cantamos no patio unha cantiga pola Paz, pero non so iso foi a nosa conmemorarión día da Paz senón que durante varios días estivemos preparando esta data: realización de murais, ensaios da cantiga, regalos ao noso amigo invisible....

Máis información premendo na imaxe.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

ENTRADA A MARTIN HUTCHINSON

     
   
     
 

 Queres coñecer ao "CAMIÑANTE VERDE"?

 
   PREMA NA IMAXE  

DIA DA PAZ

 
 
 
 ATOPA  RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS PREMENDO NA IMAXE

XOGOS NO PATIO: xogamos á pelota

     

 

PATIOS SAUDABLES...XOGAMOS Á PELOTA

     

Seguindo co patio saudable, introducimos  esta semana a pelota.

Abrese o Koisko dos xogos : cordas, gomas para saltar, sacos....e agora tamén pelotas!

   CON ELAS XOGAREMOS XUNT@S A MOITOS XOGOS  

 

Máis información  premendo na imaxe

 

As tics e o papel do profesorado

                                                                                                                                
 
   

A aparición das Tics supusieron moitos cambios nas escolas: 

moitos recursos novos, diferente rol do profesorado, outras formas de organización das aulas. 

 

Xa dende moi pequenos, nenos e nenas están en contacto coa tecnoloxía. Teñen que aprender a usala, a seleccionar información, os seus riscos  ...formarse como cidadás dunha sociedade da información.

As TICS, no ámbito educativo obrigan a dar protagonismo ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.

Hai moitas razóns para aprender a utilizar as novas tecnoloxías .

1.- Unha delas, que ten moita forza no ámbito educativo, o papel innovador.

2.- Aproveitar as posibilidades didácticas que ofrecen as TICS para mellorar as aprendizaxes e reducir o fracaso escolar.

3.- Investigación: permiten ao alumnado iniciarse na investigación e búsqueda constante para a satisfación das inquetudes a nivel de aprendizaxe.

   
         
         

25 de novembro de 2017: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

    

Elíxese o 25 de novembro o DÍA  INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES para conmemorar a morte das irmás Mirabal no ano 1960  buscando o compromiso dos paises na erradicación da violencia de xénero.

 

     prema na imaxe para aceder os recursos

Día internacional dos dereitos do nenos e nenas

 
    
 

 20 DE NOVEMBRO

 DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA  

PREMA NA IMAXE

Celebramos o Magosto

         
     
         
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 O pasado 10 de novembro, a media mañá, xa se sentía polos corredores, o arrecendo das castañas asadas.

Era o día do

Máis información premendo na imaxe

 

 
         

5º na Coruña

 

   EXCURSIÓN Á CORUÑA

 

   
 

 PREMA na imaxe e verás as fotos 

 

Excursión á Coruña

 
 

          EXCURSIÓN Á CORUÑA

 

Acabamos de ir de excursión a Coruña.

Tivemos a posibilidade de subir á Torre de Hércules, único faro de orixe romano no mundo en funcionamento e Patrimonio da Humanidade. Que maravilla ver a cidade dende arriba e cantos escalóns subimos!

Tamén nos gustou moito a visita ao Museo de Arte Contemporáneo, as exposicións da pintora  Lita Cabellul e do fotógrafo Pablo Genovés.

 

 DSC01010.JPG  
                             
 
  PREMA NOS NUMEROS E VERÁS AS FOTOS DOS DIFERENTES CURSOS  

Celebración do SAMAÍN 2017

     
     
     
 

Outro ano máis celebramos o noso Samaín e para iso pedimos a colaboración das familias que aportaron creacións plásticas e trouxeron estupendas sobremesas. Nós, decoramos as portas das nosas clases.

Moitas grazas ás familias!

Máis información e fotografías premendo na imaxe.

 
     

CLASE DE MÚSICA

         
        
     
   2017-11-08_11_21_20~0.jpg   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo    
   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo           
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
PREMA NA IMAXE PARA VER MAIS 

COMEZAMOS CO NOSO PROXECTO DE BIBLIOTECA

       
     
 

Comezamos co noso proxecto da Biblioteca deste curso "FERROLEANDO POLO NOSO MAR" e para iso o primeiro que temos é que coñecer a nosa cidade Ferrol: a súa situación, imaxes dela...

 Premendo na imaxe podemos acceder á localización de Ferrol, vídeos, imaxes...

 

XOGOS NO PATIO: XOGAMOS Á CORDA!

         
   PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á CORDA!
 
 

 

 

E... seguimos co noso proxecto de patios saudables!

Esta semana tocoulle ao xogo da corda.

Daba gusto ver como os nosos nenos e nenas disfrutaban con este xogo tradicional

Máis información e fotografías premendo na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

DOAZÓN Á COCIÑA ECONÓMICA

 

  UN PRACER COLABORAR!  

 
         
   

A COCIÑA ECONÓMICA AGRADECE A NOSA COLABORACIÓN. NUNCA FAIA O ISAAC PERAL POR ESTAS DATAS.

XA CONTAN CON NÓS! E NOS AGRADA.

O NOSO COLEXIO, SEMPRE QUE PODE, COLABORA COA COCIÑA ECONÓMICA. AGRADECENNOS MOITO  CADA VEZ QUE LEVAMOS OS ALIMENTOS.

 

SEGUIREMOS COLABORANDO!

   

EXCURSIÓN Á CAPELA

             
           
             
   

O 27 de outubro, venres, os alumnos e alumnas de 5º fomos de excursión á Capela.

Visitamos primeiro o Museo etnográfico e despois o CEIP Mosteiro de Caveiro onde o pasamos moi ben cos .

Máis informacion premendo na imaxe

 

   
             
             

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O MAGOSTO

     
  RECURSOS EDUCATIVOS PARA O MAGOSTO   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Na nosa web temos recollidos unha serie de recursos educativos coa temática do MAGOSTO, así como as celebracións desta data nos diferentes cursos académicos.

Para máis información premer na imaxe

 
   

IMOS ÁS FRAGAS DO EUME

             
    O ALUMNADO DE 4º VAI ÁS FRAGAS DO EUME!   
   

O pasado venres 27 de outubro, os nenos e nenas de 4º de Primaria fixemos un roteiro polas

Máis información premendo na imaxe.

 

   

APERTURA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2017-18

           
   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 O pasado día 24 de outubro, co motivo da celebración do Día das Bibliotecas, inauguramos a nosa para este curso.

Todo o alumnado asistiu ao actos, presididos pola nosa mascota Peraliño.

 

Premendo nas fotos accédese á nova

  

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

XUBILACIÓNS

   
   
 
  2017, UN ANO DE XUBILACIÓNS!
 
   

Este ano é un ano especial, xubílanse tres compañeiras.

Isabel e Mili primeiro e agora Eloísa.

A comunidade educativa do CEIP Isaac Peral quere agradecerlles todos os seus anos de dedicación ao seu traballo e ao noso centro 
e desexarlles que disfruten desta nova etapa que comeza para elas.

Con ledicia, con mágoa, con agradecemento, pero sobre todo con moita emoción, o alumnado de Eloísa fíxolle unha despedida á súa profesora. Agradecemos ao alumnado e ás súas familias que fixeran deste momento algo tan especial.

ISABEL, MILI E ELOÍSA, MOITÍSIMAS GRAZAS POR TANTO!!!

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O SAMAÍN

       
  RECURSOS EDUCATIVOS PARA O SAMAÍN  
   

Na nosa web temos recollidos unha serie de recursos educativos coa temática do Samaín, así como as celebracións desta data nos diferentes cursos académicos.

 

Para máis información premer na imaxe

 
   

XOGAMOS Á GOMA!

       
   PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á GOMA!
 
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Este curso iniciamos o noso proxecto de

Patios saudables cos xogos no patio.

Comezamos o primeiro día con carreiras de sacos e nesta segunda semana tocoulle ao XOGO DA GOMA.

Nenos e nenas desfrutaron con este xogo tradicional!

Accceder ás fotografías premendo na imaxe

 

PATIOS SAUDABLES: XOGANDO COA CORDA!

         
   PATIOS SAUDABLES.... XOGAMOS Á CORDA!
 
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

E... seguimos co noso proxecto de patios saudables!

Esta semana tocoulle ao xogo da corda.

Daba gusto ver como os nosos nenos e nenas disfrutaban con este xogo tradicional!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
 

Así saiu publicada a nova no noso facebook

   

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

Todas as fotografías están na nosa galería de imaxes

 

Powered by Drupal - Design by artinet