Skip to Content

PRESENTACION MODELO AUTODECLARACIÓN PARA O SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

 

Aberto o prazo para presentación das seguintes solicitudes e trámites.

 

1.-Comedor escolar curso 2023-2024.

2.- Transporte escolar  curso 2023-2024.

3.- Colaboradoras comedor escolar 2023-2024.

4.- Recollida de cheques para axuda para a compra de material escolar.

 

Podedes facer todos estos trámites ata o xoves 13 de xullo en secretaría de 10:00h a 13:00 h. ou enviando un correo electrónico a ceip.igrexa.calo@edu.xunta.gal co asunto comedor, transporte ou colaboradoras.

 

Para recoller os cheques débese presentar DNI do solicitante ou autorización asinada na secretaría do centro ata o 13 de xullo de 10:00 h a 13:00 h. ou a partir do 1 de setembro.

En caso de perda, non se da un novo cheque

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO - CURSO 2023/24

 

O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2023/2024, ábrese o día 20 de xuño ata o 30 de xuño.  O horario de secretaría é  9:30 h. a 13:30 h. de Luns a Venres. 

Documentación para a matrícula:

  • ANEXO III - Infantil
  • AEXO III Primaria
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do menor, se é o caso.
  • Fotocopia do Libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar.
  • 2 fotos tamaño carnet
  • Certificación académica (só alumnado de primaria) ou boletín de notas.
  • Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Autorización de permiso de imaxe. (Adxunto 1)
  • Cuestionario uso da lingua. (Adxunto 1)
  • Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias. (Adxunto 1)
  • Autorización recollidas. (Adxunto 2)
  • Autorización seccións bilíngües para 4º, 5º e 6º de primaria. (Adxunto 3)
  • Solicitude transporte escolar. (Adxunto 4)

Poden descargar os impresos ou recollelos en conserxería.

Deben traer as copias feitas así coma os orixinais para o caso de que se precise o seu cotexo. Non é preciso traer aquela documentación presentada durante o proceso de admisión (empadroamento, libro de familia...) a non ser que cambiase a súa situación.

INSTRUCIÓNS PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (Alumnado de 3º e 4º de primaria)

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2023. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución: ata mércores 21 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que  comprobará se cumpren as condicións de devolución.

  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, sen o forro, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

  • ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

FONDO DE LIBROS 23-24

FONDO LIBROS

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.

Códigos de procedemento ED330

 NORMATIVA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

  •  O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Electrónica (Procedemento ED330B) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro
  • Presencial: cubrir os Anexos I e II e presentalos no centro de luns a venres de 9:30 h a 13:00 h.  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  •  ANEXO I   
  •  ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.    
  •  Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o  número de membros utilizando os seguintes medios:

a) Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

b) Certificado ou volante de convivencia.

c) Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.        
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.      
  • A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.      
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

Deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS  de toda a documentación para verificar a súa autenticidade.

DESTINATARIOS

  •   Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º, 5º e 6º de primaria.
  •   Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
  •   Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

  •  Listaxes provisionais: 27 de xuño
  •  Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)
  •  Listaxes definitivas: 3 de xullo

ENTREGA DE VALES: entre o 4 e o 10 de xullo ou a partir do 1 de setembro

ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro

MANUAL USUARIO SOLICITANTES

ANEXO I-II castelán

ANEXO I-II galego

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

CALOTECA

 

CURSO 23-24 

   
         


 


 

CURSO 22-23

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

           RECOMENDACIÓNS SEMANA DO LIBRO                                           NOVIDADES

 

       MADRIÑAS E PADRIÑOS DE LECTURA                                 GAÑADORAS SEMANA DA PRENSA                          

  

 

CONCURSO

RADIOCALO


   
       

 COUSAS DE MÚSICA

ROSALÍA DE CASTRO

 CONTOS E HISTORIAS

 FALADOIRO

 

CHARLAS SOBRE A IGUALDADE

BIBLIOTECA ESCOLAR

Solicitude uso da Biblioteca Escolar. De 15:00 h a 17:00 h excepto martes.

 Para conciliación familiar de 15:00h a 18:00 h pode solicitar os servizos de Teocoida do Concello de Teo.

PINCHA AQUÍ

 

BECAS MECD

Distribuir contido


by Dr. Radut