Skip to Content

abalarMóbil

 

 AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación  se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

As familias deben ter actualizados o seu correo electrónico e número de teléfono informando na secretaría do centro para un correcto funcionamento.

Para que un responsable teña acceso a abalarMóbil, deberá estar rexistrado, por parte do centro educativo correspondente, como responsable do alumno, co número de teléfono correspondente, en Xade.

 

Se  se rexistran a ambos proxenitores,cada un co teléfono que corresponde (non poderán ter o mesmo número de teléfono), ambos terán acceso a aplicación abalarMóbil co seu respectivo número de teléfono.

 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
  • Mensaxería do centro ou titor
  • Modificar o idioma da aplicación
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
 
 
Tendes información completa na seguinte ligazón:


page | by Dr. Radut