Skip to Content

EDIXGAL. EDUCACIÓN DIXITAL PARA ALUMNADO DE 5º e 6º

                                     

A iniciativa EDIXGAL pon a disposición do alumnado e profesorado dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.
Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.


 

 

Enlace información: Equipamento do Alumnado

Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (ambos modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

 

Enlace información: Equipamento Aula Dixital

Un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, unha pizarra dixital interactiva será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780, un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta, un armario para a carga dos equipos dotado dun programador e Rede Wifi.

 

Enlace información: Soporte Premium

O alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento que atende as seguintes necesidades:  Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, .... Comunicación e resolución de averias e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno...

 

Enlace información: Entorno Virtual de Aprendizaxe

O enderezo para acceder ao EVA Online é: https://eva.edu.xunta.gal
Existe tamén unha versión Offline que resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.

 

Enlace información: Información para as familias

 

 

 

NORMATIVA 

AdxuntoTamaño
7Guía Abalar Familias.pdf1.74 MB
Cobertura Servicio Integral Reparación.pdf3.47 MB
folleto_edixgal_22_23.pdf1.04 MB
navegacion_segura.pdf1.88 MB
NOVAS pantallas interactivas.pdf698.66 KB
15017041_CEIPAIgrexaCalo_PlanDixital_V1.0_10062022.pdf319.02 KB
20240104_orde_uso_mobiles_asinada.pdf222.1 KB


page | by Dr. Radut