Ola familias, queda pouco para empezar co servizo de comedor, que xunto co inicio das clases será o día 10 de setembro.
Neste curso, mentras esté vixente o plan de adptación ao contetxo COVID do colexio, e que en breve publicaremos, teremos dúas quendas de comedor.
Isto non vai influir na recollida do alumnado de transporte, que fará os seus recorridos habituais.
En canto ao alumnado que se vai recoller ao centro despois do comedor, debedes ter en conta que faremos diferentes turnos de entrega, que serán:
Intantil, 1º e 2º de Primaria:
3º,4º,5º e 6º de Primaria:
A RECOLLIDA FARASE NO PATIO CUBERTO, NA RAMPLA QUE DA ACCESO ÁS PISTAS, ONDE SE FACÍA HABITUALMENTE.
AS FAMILIAS NON PODEN ACCEDER AO PATIO CUBERTO, DEBEN ESPERAR NA RAMPLA.
Formulario quenda recollida Comedor
Os turnos de recollida serán sempre os mesmos, e non se poderán variar.
É moi importante cumprir estes turnos para evitar esperas innecesarias para o alumnado.
Os primeiros días de recollida debedes asinar un papel en donde seleccionades o voso turno de recollida e que podedes xa enviar por correo electrónico debidamente cuberto e asinado.
Queremos aproveitar tamén para lembrar que leades o documento "Información relevante do funcionamento do comedor", xa que este curso dada a situación debemos ser estrictos na súa aplicación.
¿Teño que recoller nenos/as que van en diferentes quendas?
Neste caso, se non é posible recollelos por separado, debedes informar e establecer unha quenda de recollida nos horarios da segunda quenda. O/A neno/a que faga uso da primeira quenda será custodiado ata a súa entrega. Pero é ALTAMENTE RECOMENDABLE recomendable recoller a cada neno/a na súa quenda para evitar momentos de espera do alumnado.
¿Como solicito a baixa do servizo do comedor?
Podes enviar unha solicitude mediante correo electrónico. Formulario de solicitude de baixa do comedor.
#sentidiño