Skip to Content

CALOSAÚDE

 No Ceip A Igrexa-Calo promovemos estilos e hábitos de vida saudables, a partir das necesidades específicas do alumnado, especialmente nos ámbitos da nutrición e alimentación saudables e do deporte. Algunhas da actuacións son o comedor escolar, as merendas saudables, os cursos de primeiros auxilios, as convivencias deportivas e o Plan de Autoprotección.

 Comedor de xestión directa. A cociña do centro conta cunha cociñeira e tres axudantes de cociña.Utilizamos produtos de proximidade, ecolóxicos e de tempada. Traballamos a transversalidade con menús internacionais para dar a coñecer ao alumnado distintas culturas, fomentando a inclusión e o respecto.

 Olimpiadas escolares para fomentar o deporte, a cooperación, o traballo en equipo e a vida saudable. Lévanse a cabo no terceiro trimestre e participa todo o alumnado. As probas son: 

velocidade, media distancia, maratón, carreira de obstáculos, lanzamento de peso e salto de lonxitude.

 

 Levamos a cabo cursos de primeiros auxilios para o alumnado e para o persoal de centro. Son cursos prácticos impartidos por persoal sanitario do SERGAS.

O proxecto de convivencias deportivas é moi beneficioso para o alumnado, xa que lle permite disfrutar de actividades físicas e deportivas, ao mesmo tempo que fomenta valores coma o traballo en equipo, a disciplina e a responsabilidade.

O Colexio de Odontólogos da Coruña fai charlas sobre saúde e hixiene dirixidas a todo o alumnado do centro.

Promovemos unha alimentación saudable e equilibrada. Cas merendas saudables facemos propostas de merendas nas aulas, antes do tempo de recreo, para que o alumnado aprenda a comer tranquilo, sen presas, evitando que o patio se encha de envoltorios, promovendo as froitas de tempada, os lacteos, cereais... evitando a bollería industrial e alimentos procesados. Realízanse  charlas nutricionais e talleres para o alumnado para educalo nunha cultura alimenticia saudable.

Contamos cun Plan de Autoprotección e realizamos simulacros de incendio e de ameaza de bomba todos os membros da comunidade educativa. 



page | by Dr. Radut