Skip to Content

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN
XUÑO E XULLO

Para a realización de diferentes trámites administrativos do centro,
O HORARIO SERÁ DE 10:00 A 13:00

Previa cita que pode pedir no: 881866483

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA
Do 21 ao 30 de xuño

INFORMACIÓN COVID - INICIO DE CURSO #sentidiño

>>> ACCESOS E HORARIOS <<<

>>> PLANS COVID CEIP IGREXA-CALO (1) <<<
Resumo protocolo COVID

Preguntas e respostas(2)    Mensaxe inicio de curso

Destacado:
Declaración responsable - Enquisa de Autoavaliación.

(1): Actualizado 14 de abril 2021. (2): Actualizado 16 de novembro 2020.

Para recibir avisos e notificacións do colexio debes instalar abalarMóbil

Bo verán

O centro permanecerá pechado ao público dende o 26 de xullo ata o 1 de setembro.

 

 

Bo verán a todos.

Solicitude comedor 2021-2022

Estimadas familias.

Con data de hoxe publicouse a INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022.

Con tal motivo, abrimos o prazo para que fagan a súa solicitude de uso do servizo de comedor para o vindeiro curso 2021-2022, utilizando a seguinte folla de autodeclaración:

Autodeclaración - Solicitude comedor.

Anuncio de admisión de colaboradoras/es para tareas de apoio no comedor escolar 2021-2022

Reunión alumnado nova incorporación de 3 anos.

O luns 28 de xuño, ás 17:00 horas teremos unha reunión telemática coas familias de alumnado de Educación Infantil de 3 anos que se incorporan este ano ao noso centro.

Se aínda non recibiu a invitación no seu correo electrónico, contacte co centro.

Libros de texto para o curso 2021-2022

Adxuntamos listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022

LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA Curso 2021-2022. Do 21 ao 30 de xuño.

Ábrese o prazo de formalización de matrícula do 21 ao 30 de xuño.

Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Previa cita no teléfono do ce
ntro: 881866483

É importante que traia as copias e os orixinais.

Tódolos formularios e impresos tamén están á vosa disposición no centro.

Información complementaria:

Xogos de despedida curso 2020-2021

O persoal do centro quere agradecer a todo o alumnado o esforzo feito neste curso. 

O día 18 de xuño organizouse, en colaboración coa ANPA ,un día de xogos no patio do colexio (se o tempo acompaña) no que participará todo o alumnado dende Infantil ata Primaria.

Descargar cartel: Imaxe - PDF

* Cartel elaborado pola ANPA.

Podedes ver nos documentos adxuntos a listaxe dos xogos que se van a desenvolver.

Traballo de 3º C sobre a Historia.

Bonito traballo feito polo alumnado de 3º C.

As fotos as seleccionaron os nenos/as e buscaron e seleccionaron eles mesmos a información. Os audios foron grabados no cole.

https://www.emaze.com/@AOQOLFZTF/ao-longo-da-historia?autoplay

FONDO LIBROS: devolución dos libros alumnado 3º , 4º e 6º de Primaria.

O alumnado de 3º e 6º de Primaria que ten libros do Fondo Libros do curso pasado, debe devolvelos o 18, 21 e 22 de xuño.

O procedemento é o seguinte:

  • Devólvense a titora ou titor, que comprobará que están tódolos libros do fondo.
  • Deben ir nunha bolsa co curso e nome da nena ou neno.

Lembramos que tal como se recolle no Artigo 5 da normativa de fondo libros do curso 21-22:

"A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22."

E no seu Artigo 16.

"Ao rematar o curso 2020/21, o alumnado beneficiario de libros de texto ou do material substitutivo dos libros cando sexa reutilizable, tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/22."

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 2021/22

Acaba de ser publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Distribuir contido


by Dr. Radut