Como en anos pasados, celebramos o día do libro cunha actividade de lectura por parellas.
Podedes ver na galería como nun estupendo día soleado desfrutamos cun libro.
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN
CURSO 2019 -2020
RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS ( IES CACHEIRAS) Presentar no centro de orixe ,onde pode recoller o Anexo I ;ou na aplicación "admisionalumnado" www.edu.xunta.es/admisionalumnado
|
1-15 DE FEBREIRO |
SORTEO DESEMPATE
|
ANTES 1 DE MARZO |
|
ANTES DE 1 MARZO |
PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN
OU NO CENTRO DOCENTE CO Anexo II
|
01-20 DE MARZO |
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA BAREMO (CANDO O NÚMERO DE SOLICITUDES É SUPERIOR AO DE VACANTES) SÓ SERÁ NECESARIO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN CANDO SE DENEGUE EXPRESAMENTE A CONSULTA AUTOMÁTICA Á ADMINISTRACIÓN.
|
1 a 12 de ABRIL |
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
|
ANTES 25 DE ABRIL |
RECLAMACIÓNS
|
5 DÍAS HÁBILES |
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS
|
ANTES DO 15 DE MAIO |
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
ENLACES DOS IMPRESOS PARA O CENTRO (en xuño) |
DO 20 AO 30 DE XUÑO |
|
|
NOTA INFORMATIVA
Cando o alumnado solicite unha praza escolar noutro centro, deberá comunicalo de forma simultánea, ao centro en que estea matriculado. Só se pode presentar unha única solicitude no centro en que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
|
|
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
Zona de influencia CEIP A Igrexa - Calo
MANUAL PARA AS FAMILIAS- RESERVA (PÁXINA DA CONSELLERÍA ADMISIÓN)
MANUAL PARA AS FAMILIAS - ADMISIÓN
Enlace á páxina da Consellería-Amisión alumnado
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
Isto é orixe de que esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres.
Todas e todos en negro, contra a violencia.
25 de novembro
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Na semana do 20 ao 24 deste mes,realizaranse varias actividades no noso centro para loitar contra a violencia de xénero, destacando a actuación do grupo musical Máis boas cas patacas integrado por varias exalumnas deste colexio.
Este grupo foi o gañador do primeiro premio na categoría xuvenil do II Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, organizado pola área de cultura da deputación da Coruña.
O próximo mércores actuarán para as nenas e nenos de primaria cantando "Son muller", canción coa que reivindican a igualdade de xénero.
Aquí podedes ver o seu videoclip
O venres 27 de outubro as nenas e nenos de 6º de Primaria reuníronse cos compañeiros dos Tilos e da Ramallosa nas convivencias deportivas .
Aquí podedes ver as fotos da xornada no colexio da Ramallosa.
Mañá 31 de outubro celebraremos o Samaín.Os nenos e nenas poden vir disfrazados e traer cabazas adornadas (co seu nome e unha candea ou unha pila dentro).
As familias estades invitadas a ver a exposición de cabazas entre as 9:45 e as 10:00.
Desexamos que vos gusten e agradecemos sinceramente a vosa colaboración.
Podedes ver aquí as fotos da festa
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer