Skip to Content

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO - CURSO 2024/25

O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2024/2025, ábrese o día  20 de xuño ata o 30 de xuño.

 

Documentación a presentar: 

Anexo III- Ed.Infantil

Anexo III- ED.Primaria

 Dúas fotos tamaño carnet

 

O horario de atención ás familias será de 9:30h a 13:00 de luns a venres.

SOLICITUDES COMEDOR 2024-2025

O prazo de presentación das solicitudes é do xoves 20 de xuño ao mércores 10 de xullo na secretaría do centro.

Documentación a presentar en secretaría:

Solicitude de comedor 

Modelo de Autodeclaración_Anexo II

 

Deberán descargar os impresos na web do centro ou solicitalos en secretaría. 

CALCULADORA TAXA SERVIZO DE COMEDOR

Instrucción comedor escolar 24-25

Colaboradoras de comedor presentarán en secretaría:

Solicitude 

Fotocopia DNI

Certificado DS

Certificado conta bancaria

Certificado manipulador de alimentos

Os impresos están dispoñibles tamén en secretaría.

 

 

 

INSTRUCIÓNS PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (Alumnado de 3º e 4º de primaria)

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2024. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/25.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución ata xoves 20 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que  comprobará se cumpren as condicións de devolución.

  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, a ser posible sen o forro, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

  • ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

SOLICITUDE DE FONDO DE LIBROS E CHEQUE DE MATERIAL 24/25

Solicitude de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025.

PRAZO DE SOLICITUDE: desde o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

CONTÍA DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (certificado de imputacións)

DESTINATARIAS/OS:

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.

  • Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.

  • Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    • Conta con CHAVE 365 ou

    • Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexos I e II

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

ANEXO I e II

NORMATIVA

QUEN LEVOU Á LÚA.

NÓS TAMÉN CREAMOS.

Proxecto competencial. Vídeo ca técnica de stop motion feito polo alumnado de 4º de primaria. 

Mira os vídeos   

BECAS NEAE CURSO 2024-2025

 

1.-  Axudas para alumnado, incluíndo alumnado con TDAH  que requiran por un período de escolarización o a longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou de Trastornos graves da comunicación e da linguaxe.

Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA e os alumnos de Altas Capacidades sempre que teña certificado dun Equipo de Orientación educativa ou do Departamento de Orientación dependente da administración educativa correspondente.

 2.- As axudas poderán ser solicitadas polos alumnos cuxa renda ou patrimonio familiar ao 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro, o seguinte:

  • Familias dun membro: 12.534 euros

  • Familias de dous membros:  20.416 euros

  • Familias de tres membros:  26.811 euros

  • Familias de catro membros: 31.801  euros

  • Familias de cinco membros: 36.089 euros

  • Familias de seis membros:  40.229 euros

  • Familias de sete membros:  44.143  euros

  • Familias de oito membros: 48.031  euros

  • A partir do octavo membro engadiríanse 3.856 euros por cada novo membro computable de la familia.

3.- As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación,  https://sede.educacion.gob.es.

4.- O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no 2024-2025

Esta solicitude irá acompañada de:

  • Código Cuenta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a

  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar

  • Fotocopia do Certificado de discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso),

  • Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.

  • Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025

  • Outros documentos que se consideren ( Título de familia numerosa...)

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 24-25

O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA 4º DE INFANTIL, PARA 1º DE PRIMARIA E PARA 3º DE PRIMARIA ESTÁ ADMITIDO PARA O CURSO 24-25.

OS DEBUXOS DE MARTIÑO

 

O alumno de 2º de primaria Martiño Ares Fraga  preséntanos a súa primeira exposición de debuxos sobre os contos que le o alumnado na hora de ler.

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

 

O martes, 5 de marzo, faremos unha xornada de portas abertas para as famlias do alumnado de nova incorporación. Será ás 17.00 h

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO.

O alumnado que vai a ir a un IES diferente ao adscrito (IES de Cacheiras) deberá realizar a solicitude de admisión en marzo na secretaría do IES correspondente.

  • Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de xeito manual ou a través da aplicación   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no menú.

 

O alumnado dos centros adscritos NON ten que facer o proceso de admisión se hai prazas suficientes. Só terá que facer a matricula do 20 ao 30 de xuño.

1.- Documentación a presentar

2.- Solicitude-admisión (Anexo II-Anexo II-bis)

3.- Vacantes ofertadas.

4.- Mapa zona de influencia

5.- Calendario do proceso.

6.- Punto extra

DOAZÓNS SAVE THE CHILDREN

Grazas ao esforzo do alumnado e ás aportacións da comunidade educativa recadamos 2.750 €.

Distribuir contido


by Dr. Radut