RUTA Carballal - Vilar de Calo (Milladoiro): Carballal > Galanas > Reborido > Vilar de Calo (Milladoiro).
RUTA Folgueiras (Cruce) - O Curro: Folgueiras (cruce) > Folgueiras > A Xesta > Santo Domingo > Mazas > Solláns (cruce) > Solláns (Pereira) > Vilar de Calo I (Bariloche) > Vilar de Calo II (Frutas Barreiro) > Vilar de Calo III (Casa Pradera) > O Curro.
RUTA Cascandelo - Texexe:Cascandelo > Raíces > Pedreira > Osebe (cruce) > Casalonga > Ameneiro > Texexe.
RUTA Casal (Mouromorto) - Bustelo: Casal (Mouromorto) > Cantoña > Bustelo.
RUTA Luou - Rúa de Francos: Luou > Espasande > Seixos > Cornide > Regoufe > Loureiro > A Grela > Mosteiro (Lampai) > A Silva > Beitureira > Bascuas > Vilar de Francos > Rúa de Francos.
Todo o alumnado que teña o seu domicilio a unha distancia inferior a dous quilómetros do centro ou que estea fóra da súa área de influencia, DEBERÁ SOLICITAR unha autorización excepcional.
No documento adxunto tendes a listaxe de rutas coas distancias ao centro.
HORARIOS E RECOLLIDA DO ALUMNADO:
ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º, 2º, 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.
- O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.
- Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto.
- Os autobuses esperarán nas paradas o tempo necesario para asegurar a recollida dos escolares, que, en todo caso non excederá de 5 minutos.
- Transcorrido ese tempo continuarán co seu itinerario levando consigo ao alumnado non recollido ata as dependencias da empresa de transportes, onde permanecerán custodiados ata a hora de peche, momento no que poderán ser levados ás dependencias da Policia Local ou da Garda Civil para traspasarlles a custodia dos/as menores.
A reiteración destas dúas últimas circunstancias en máis de 4 ocasións poderá dar lugar, tralo oportuno análise das circunstancias familiares concorrentes, á revisión do medio de saída do centro e/ou o medio de recollida nas paradas escollido para os escolares.
ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre cas persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.
AUTORIZACIÓN ALUMNADO DE 5º E 6º