As nenas e nenos de 3º B durante a primeira e segunda semana de Maio, cada quen desde a súa casa, estivemos facendo un conto.
"As aventuras de Nicolas" foi escrito de xeito colaborativo, é dicir, unha persoa iniciou a historia e logo por orde cada quen foina continuando.
Participaron Mateo (o que empezou a historia), Noa, Pablo, Samuel, Sara, Xiana, Xulia, Alejandro, Alex, Bryan, Candela, Enrique, Hugo e Mara que rematou a historia e puxo FIN.
Cando tiñamos a historia preparada cada persoa debuxou a súa ilustración.
Todos xuntos e coas nosas compañeiras de 3º B acordamos cal era o mellor título e que ilustración poñiamos na pantalla.
E aquí está o noso conto:
Esperamos que vos guste. podedes compartilo.