ANIVERSARIO ROSALÍA 2020

24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Conmemoramos esta data tan importante no centro, recordando que a nosa poetisa máis importante xa ten estrela no firmamento. O noso alumnado aportou ideas en torno aos nomes que el@s lle porían á Estrela Rosalía. Estas son algunhas mostras:

 

ENTROIDO 2020

ENTROIDO 2020

O pasado mes de febreiro conmemoramos o Entroido no centro, adicado ao proxecto no que estamos inmersos, Emocionarte coas Artes. Deste xeito, convertemos o centro nun lugar cheo de artistas tales como Yayoi Kusama, Salvador Dalí, Frida Khalo, Pablo Picasso, Vincent Van Gogh, etc...

Mirade aos nosos artistas!!!

PAZ 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2020

Con motivo da celebración do Día da Paz 2020, elaboramos unha exposición adicada ao Premio Nobel da Paz 2019, O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Amed Ali. Aprendemos tamén moitas cousas sobre este país e bailamos unha danza típica. Velaquí as imaxes:

FEIRA DO LIBRO

O mércores 18 de decembro celebramos a Feira do Libro de Nadal no centro, coincidindo coa presentación do libro de Alba Mato, antiga alumna do centro, titulado Adeus Chupete! Ademais de contar o conto ao alumnado de 3 a 7 anos, mantivemos unha xuntanza na que nos contou cómo xurdiu a idea de escribir este libro. O alumnado tamén lle fixo preguntas e foi entrevistada na nosa primeira emisión de Radio Sofán.

Velaquí unha mostra de como transcorreu a xornada:

SAMAÍN 2019

Un ano máis chegou a celebración do Samaín ó CEIP Gándara Sofán!!!

E cada ano supera o anterior. Mirade que marabilla de cabazas e disfraces!!!

Noraboa a Sabela Romero por se a gañadora da cabaza máis orixinal e a Alba Eirín por gañar o premio á cabaza máis terrorífica!!!

Agora admirade esta terrorífica colección de imaxes!!!

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Coma todos os anos conmemoramos o Día da Biblioteca Escolar o pasado 24 de outubro. Para celebralo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, deleitáronnos cun poema de Rosalía de Castro, coa música de Rosalía (tra, tra), seguindo unha versión da cantautora MJ Pérez, titulada MALAXENTE. 

Unha vez que pinchedes no enlace, poderedes ver o vídeo. Non o perdades, quedou estupendo (tra, tra)!!! E a participación do alumnado de infantil, acompañando e incluso animándose co estribillo está xenial!!!

Así que a desfrutar co MALAXENTE!!!

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, elaboramos unha exposición na que investigamos en torno á problemática do cambio climático no planeta.

Asimesmo investigamos sobre Greta Thunberg e outras rapazas que loitan por conseguir que se frene o ritmo tan acelerado de contaminación que a Terra está a sufrir.

Ademais do programa de radio que xa publicamos hai uns días, realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data, tales coma o traballo de investigación e exposición previamente mencionado e unha canción adicada ó clima: SING FOR THE CLIMATE.

Aquí tedes algunha das imaxes da exposición.

LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.

Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos.

23 ABRIL 2019, DÍA DO LIBRO

23 ABRIL 2019, PROTAGONISTAS DO DÍA DO LIBRO 2019 NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

Antonio García Teijeiro

Ana María Fernández

Fran Alonso

Gloria Fuertes

SEMPRE A POESÍA!!!

SIEMPRE POESÍA!!!